O 23 de marzo, ás 19:30 h., na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André, 36, 1º), dentro do ciclo Aula Aberta coa UDC, Inma Doval falaranos da proxección autoral das poetas galegas nas redes sociais dixitais: catro casos representativos. A consolidación das redes sociais dixitais facilita a comunicación e a relación entre as persoas, ao tempo que supón a creación dun novo espazo público para a (re)presentación do Eu, en moitas ocasións, cun carácter performativo. Nesta palestra analizarase a proxección autoral de catro poetas galegas contemporáneas (Helena Villar Janeiro, Dores Tembrás, Afra Torrado e Estíbaliz Espinosa) nas redes sociais dixitais e como as utilizan para se (re)presentar ante a mirada dunha audiencia múltiple e heteroxénea e para crearen un espazo (auto)biográfico cohesivo para a elaboración e recuperación da memoria individual e colectiva. As autoras empregarán estas esferas públicas conectadas como lugares de ciber-activismo e empoderamento co obxectivo final de-construíren o discurso hexemónico. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.
Arquivo da categoría: Internet
II Xornadas online sobre o entroido na Galiza
Vídeo da presentación en Vigo de Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo, de Ramón Nicolás
Vídeo da presentación en Ribadeo de A gruta da torre, de Lois Pérez
Por que o Reino de Galiza desapareceu da historiografía española? Conversa con Anselmo L. Carreira
A historia da represión contra a lingua galega. Conversa con Carlos Callón
A evolución política do Reino Medieval Galego séc X- XV. Conversa con Francisco Rodríguez
Por que non nos volvemos bicar?, de Aldaolado
Documental completo City of Agra – Un pobo unido pola traxedia
Xa está dispoñíbel en internet o documental completo City of Agra – Un pobo unido pola traxedia, baseado no traballo de Fernando Patricio Cortizo.