Arquivo da categoría: Narrativa
Irene Alonso Gasalla: “Os pequenos perden o medo cando falamos abertamente da dor”
Tabela dos libros. Marzo de 2022
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Noia: charla arredor da tradución de Ourika, de Claire de Duras, por Xavier Senín, o 11 de marzo
O 11 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, terá lugar o III Encontro de Tradutoras/es, coa presenza de Xavier Senín. A charla centrarase na obra traducida Ourika, de Claire de Duras, publicada por Hugin e Munin. O acto está organizado polo Club de lectura María Mariño e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Noia. Para asistir hai que solicitar invitacións no correo electrónico: programacionconcellodenoia@gmail.com
Pontevedra: conversa con Xurxo Souto sobre O retorno dos homes mariños e Pangalaica
Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022
Desde Nós Diario:
“Luísa Villalta foi unha das escritoras chave na transición entre as xeracións poéticas dos 80 e dos 90. Pioneira da virada feminista da poesía galega da época, publicou catro libros.
A plataforma de crítica literaria A Sega vén de anunciar que o Día das Galegas nas Letras homenaxeará este ano a Luísa Villalta. “Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder”, indican desde A Sega no manifesto. (…)
A Nosa Señora das Letras é un título creado hai xa nove anos para destacar a figura daquelas mulleres que contribuíron á cultura galega en xeral e, sobre todo, á literatura. O ano pasado a honra foi para escritora de literatura xuvenil de ficción científica e “raíña da retranca” Uxía Casal.
Esta iniciativa do colectivo comezou en 20014, cunha dedicatoria a Dorothé Schubarth. 2014, dedicándollo a Dorothé Schubarth. Ao longo dos anos foron destacadas María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro, Marica Campo, Imma António e Xela Arias.
Reproducimos a seguir mo manifesto da Sega:
“No mesmo lado, o compromiso.
Celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura.
Ti, na liberdade, da contra-ética do poder.
Lémoste e sentímoste na arela dun teatro de nós que te abrigue e nos abrigue, dramaturga, que nos adentra no paseo das esfinxes e nas certezas de Ofelia.
Lémoste e aprendemos, ensaísta, que nos enreda na ecuación teatral de Don Hamlet, para nos mostrar esa obra enteiramente nova; para nos levar ao outro lado da música, para nos guiar pola poética, sobre un certo estado de conciencia e nos erguer desde a prensa o libro das columnas.
Lémoste e gozamos, narradora, da lingua coa que nos convocas, nesa teoría de xogos en que lle dás a man ás afinidades electivas, para andarmos mundo; a lingua que non se pode chamar silencio, e por iso nos legas as chaves do tempo para abrirmos ao futuro o reino que un día perdemos.
Ti, que sabes do couto á liberdade, do silencio, da banalización, das estratexias para neutralizar o discurso ético e literario.
Lémoste, poeta, e gozamos e cantamos e a música reservada estoupa e xorde o ruído e soñámoste co violín e préndensenos as túas palabras coas que vestimos minutos de poemas polo papagaio nunha rota ao interior do ollo contigo no outro lado da música, na Cidade Alta.
Ti, que reclamas a liberdade de ser escritora galega nunha Galiza viva e democrática.
Galiza, esa palabra, que pronunciaches con boca chea.
Ti, que dixeches isto é tamén unha muller que resiste.
Igual que un tigre ignora a tigritude:
Salta.
Penelopetece o tecido do regreso.
Celebrámoste, gozamos, saltamos contigo, LUÍSA VILLALTA.”
Lugo: Xurxo Souto, “XX anos de literatura. Humilde celebración”
Lugo: presentación de Que mal día, gato Klops!, de Estefanía Padullés
Anxo Muíños: “Recoñezo que escribir narrativa é algo que me esgota, o que non me pasa coa poesía”
Entrevista a Anxo Muíños en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que é Xinque!?
– Anxo Muíños (AM): É a segunda parte da saga que comezou con O alén dos Barqueiros. Naquel libro o protagonista era o antropólogo sueco Ingemar Westtertorma, que no marco da II Guerra Mundial viaxaba desde a súa terra até Portugal, pasando por diferentes países, entre eles a Galiza. En Xinque!, a protagonista, Fanes, é a filla daquel antropólogo; unha rapaza comunista que percorre diferentes países até rematar en California, en pleno auxe do movemento hippie. Esta segunda parte abrangue os anos entre 1965 e 1969 e remata cando militantes do movemento indio de Estados Unidos ocupan a prisión de Alcatraz, en San Francisco.
Fanes inicia o seu propio percorrido vital no medio dunha Europa que esperta aos aires revolucionarios do Maio francés e a Primavera de Praga. É unha especie de viaxe iniciática de transformación que a levará por diversos lugares do mundo. Diferentes ámbitos míticos e ideolóxicos de Oriente e Occidente, achegándonos as cosmovisións de culturas e pobos dos cinco continentes e poñendo todo en contexto coa fonda metamorfose que o mundo experimentou no derradeiro terzo de século XX.
– ND: Di que fai parte dunha saga máis ampla…
– AM: Fai. A primeira parte é a de O alén dos barqueiros e céntrase na mitoloxía, aborda contos, lendas e supersticións. Esta, Xinque!, aborda máis ben as ideoloxías, nuns anos, os sesenta, nas que o mundo era un fervedoiro.
Xa estou traballando na terceira parte desta saga, no que a reflexión dixírese máis ben ao que se deu en chamar as zonas temporalmente autónomas. A respecto da cuarta, teño en mente que sexa máis como unha road movie e xa a partir do século XXI. E haberá tamén unha quinta parte, se ben aínda estou pensando cal sería o eixo, ando a darlle voltas a temas como a etnobotánica, as multinacionais farmacéuticas… (…)”






