O 18 de xullo, ás 13:00 horas, na Asociación Cultural Loiro na Memoria, en Loiro (Barbadás, Ourense), preséntase O libro cero, de Jorge Emilio Bóveda, publicado en Galaxia.
Arquivo da categoría: Narrativa
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2021 para os 15 e 16 de xullo
O 15 de xullo pola tarde comeza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 horas -só o 16-, e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Xoves, quinta feira, 15
– 18:00 h. Beatriz Cabaleiro asina Clover, unha porquiña diferente, publicado por Aira.
– 19:00 h. Raquel Castro asina Dormente, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Acto de inauguración. Pregón a cargo de Pablo Prado.
– 21:00 h. Pablo Pardo e Miguel Rojo presentan Nerea, o príncipe da sorte, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Anabel Antela Castro asina A lingua galega no sector téxtil, publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Venres, sexta feira, 16
– 18:00 h. Xosé Antonio Perozo presenta O libro das avoas, ilustrado por María Lires, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Nee Barros asina Identidade, publicado por Galaxia.
– 21:00 h. Santiago Lopo asina A carteira, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Teresa Ríos asina Non estamos preparados para medrar, publicado por Urutau.
Beatriz García Turnes: “Boa parte do libro está baseado nas historias de misterio da miña propia familia”
Compostela: presentación de Cobiza, de María Reimóndez
Pepe Carballude: “É un luxo para Carballo ter unha libraría do nivel da Brañas Verdes”
Entrevista a Pepe Carballude en La Voz de Galicia:
“Pepe Carballude amosou o venres 18 de xuño en Carballo que, como el ten dito nestas páxinas, é fillo da tradición oral, fillo dos contos. Só un bo escoitador destas historias faladas e un bo orador pode ser quen de contar tanto e darlle unha forma amena, sen que os oíntes perdan bocado nin fío. A tertulia posterior á presentación de A pintora libertaria resultou realmente entretida. Dar a coñecer esta obra, publicada por Galaxia, foi o pretexto que trouxo a este estradense de volta a Carballo, onde ten sido director do IES Alfredo Brañas e onde residiu uns anos. Tivo Carballude palabras de agradecemento para a editorial e para Elena e Moncho, almas da libraría Brañas Verdes, que foi o espazo que o acolleu, na compaña de Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz en Carballo e presentador do acto. «É un luxo para Carballo ter unha libraría coma esta. Recórdame moito á Cervantes de Salamanca», abundou. Viaxou de aquí a acolá para falar de espacios abertos, de lugares onde un pode gozar dos libros e onde o libreiro fala, aconsella, resistente a ser engulido por unha máquina.
En A pintora libertaria quixo o autor, dun lado, homenaxear á emigración, a eses centos de persoas que marcharon por motivos de traballo ou perseguidos polas súas ideas. Lembrou Pepe a outro Pepe, Neira Vilas, e ás súas memorias da emigración. Lembrou a tanta xente anónima, como Xosé María Silva, de Montillón (A Estrada), que chegaría a ser en Montevideo fotógrafo de Gardel, ou a Ramón Verea, emigrado a Bos Aires, creador da base da calculadora. Carballude expuxo asemade a creación de centos de escolas para a alfabetización das aldeas por parte destes emigrantes e, por suposto, explicou que nesta súa obra quere reivindicar e rescatar a figura da transgresora Maruja Mallo, quen pola súa condición de muller e pese a o seu talento nas artes plásticas, non chegou a ter o éxito de Picasso ou Dalí. Unha cousa e outra deulle para falar da falsificación da arte ou da inversión nela sen ter moito criterio.
Mesmo quedou tempo na Brañas Verdes para dar unhas pinceladas de In Memoriam, obra publicada por Xerais na que aborda a loita pola recuperación da memoria histórica nunha vila galega, casos de paseados durante a Guerra Civil que quedaron «ciscados polo noso país». Tivo para iso asesoramento de Carmen García Rodeja. Carballude é un bo conversador.”
“10 anos, 10 autores, 10 libros | María Solar”
Vídeo da presentación en Vigo de Formigas vermelhas soterram-se no açucareiro, de Cruz Martínez
“Rosa Aneiros e as ‘Sibilas’”
Entrevista a Rosa Aneiros no Diario Cultural da Radio Galega:
“Rosa Aneiros publica Sibila, unha novela que é a súa volta á narrativa para adultos despois dun exitoso paso por outros lugares. A entrevista pode escoitarse aquí.”



