Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros para o venres 23

O venres 23 de xuño comeza a Festa dos Libros, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:

– 18:00 h. Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas, publicado en Galaxia. Participa xunto á autora Francisco Castro. No Auditorio.
– 18:30 h. María Solar asina exemplares de Os nenos da varíola, publicado por Galaxia, e As horas roubadas, publicado por Xerais, en Cronopios.
– 18:45 h. Xornalismo-literatura. Tensión sexual non resolta, por Xosé Manuel Pereiro, codirector da revista Luzes. No Auditorio.
– 19:00 h. Presentación de Inferno (Discursiva), de Daniel Peón Targus, e Atrofiadas as estrelas, de Alexander Vórtice, da mesma editora. En La Nube de Papel.
– 19:15 h. Mesa da memoria con Montse Fajardo: Un cesto de mazás; Luís Bará: Non des a esquecemento; e Susana Sánchez Arins: seique. No Auditorio.
– 20:00 h. Buenaventura Aparicio presenta Segredos ao descuberto. Paz.
– 20:30 h. Migallas: Canta connosco, na Espazo do Lector Nobel.
– 21:00 h. Pedro Feijoo presenta Os fillos do lume en conversa con Susana Pedreira, nun acto organizado por Cronopios, no Auditorio. O libro está publicado por Xerais.

Crónica videográfica da conferencia de Hélia Correia, Escritora Galega Universal 2017

O venres 19 de maio, na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, s/n. – Santiago), Hélia Correia, Escritora Galega Universal no 2017, ofreceu unha conferencia-coloquio, acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Carlos Quiroga, vogal de Lusofonía da AELG.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa:

– Benvida da presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez:

– Presentación da conferencia. Carlos Quiroga, vogal da AELG para a Lusofonía.

– Conferencia de Hélia Correia:

– Coloquio posterior.

Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do sábado 10 e domingo 11

O sábado 10 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizada polo Concello de Santiago, e que rematará o domingo 11 (con horario de 11:00 a 21:00 horas) cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:

Sábado 10
– 13:00 h. Presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Urco.
– 17:30 h. Presentación de A virxe das areas, de Antonio M. Fraga, publicado por Embora.
– 18:00 h. Tradutoras ao vivo: María Reimóndez e Patricia Buxán.
– 19:00 h. Alfonso Blanco: Do Latín ao galego… tamén na literatura; ou, motivos para traducir ficción dende o latín.
– 20:00 h. Marcha cultural en defensa da obra compostelá do pintor e escritor Urbano Lugrís. Partirá cun manifesto da praza da Quintana (carpa da SELIC) e logo percorrerá varias rúas da cidade. Está organizada por Alvarellos Editora en colaboración co colectivo literario In Nave Civitas da Coruña.
– 20:30 h. Marga Tojo presenta Últimos bruídos, publicado por Positivas.

Domingo 11
– 17:30 h. Presentación – concerto do libro cd Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Rosalía Fernández Rial presenta Aulas sen paredes, publicado por Positivas.

Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do martes 6

O martes 6 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 16:00 a 22:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

– 17:30 h. Concerto-presentación do libro-cd Fantasía coas palabras do grupo Papi e mami, publicado en Galaxia. No acto estarán acompañados pola súa editora, Malores Villanueva.
– 18:30 h. Paula Carballeira e Xoana Almar: Volcán. O cabalo salvaxe da illa de Sálvora.
– 19:00 h. Diego Ameixeiras. “Lendo a Dashiell Hammett”
– 19:00 h. Ana Cabaleiro asina exemplares de Sapos e Sereas (Galaxia).
– 20:00 h. Presentación de Cando cae a luz, de María Canosa, editada por Urco, e Corredora, de María Reimóndez, publicada por Xerais.

Vigo: palestra Un pintor que sabía o que facía, de Xosé Carlos López Bernárdez

O xoves 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Camelias, 102), en Vigo, Xosé Carlos López Bernárdez impartirá a palestra Un pintor que sabía o que facía, arredor da figura de Luís Seoane.