Arquivo da categoría: Palestras
Santiago: VI Bienal Literaria en Compostela
A Coruña: conferencia Julio Cortázar, escritor e tradutor, a cargo de Francisco X. Fernández Naval
O
martes 30 de setembro, ás 20:00 horas, na Salón de Actos da Biblioteca Pública González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), Francisco Xosé Fernández Naval pronunciará a conferencia Julio Cortázar, escritor e tradutor, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Tradución e tamén do centenario do nacemento de Cortázar.
Narla, Friol, Lugo: nº 3 da revista oral Castronela, arredor da figura de Celestino Fernández de la Vega
O
sábado 27 de setembro, ás 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), pertencente á Rede Museística da Deputación de Lugo, terá lugar a terceira edición da Revista oral de periodicidade anual Castronela, coordinada por Antonio Reigosa, con entrada libre e gratuíta. Estará dedicada á figura de Celestino Fernández de la Vega. O sumario é o seguinte:
– Portada musical. Preludio da Primeira suite (J. S. Bach), por Paula Rancaño (3’).
– Vida. Lugo, cidade feita á medida do meu corazón, por Ramón López Vázquez (10’).
– Música. Primeiro movemento Suite para cello só (G. Cassadó), por Paula Rancaño (3’).
– Celestino en Friol. Os anos mozos na terra natal, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
– Música. Elexía (Andrés Gaos), por Paula Rancaño (3’).
– Celestino e Guitiriz. As viaxes a Guitiriz, por Alfonso Blanco Torrado (10’).
– Narración 1. Mortes de trasmundo, por Lois Pérez (5’).
– Música. Estrada de Madrid (Luigi Bocherinni), por Paula Rancaño (3’).
– Narración 2. O novenario do Totó, por Lois Pérez (5’).
– Obra. Unha obra tan importante coma breve, por Ramón López Vázquez (10’).
– Música. Lela, por Paula Rancaño (3’).
– Epílogo. Lembranzas, por María Luísa Maceda Méndez (viúva de Celestino F. de la Vega) (5’).
– Colofón. Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (5’).
– Contracuberta musical. Negra sombra, por Paula Rancaño (3’).
Compostela: Ana Salgado e Iria Sobrino no ciclo Escrita(s) 2014
O
sábado 27 de setembro, entre as 19:00 e as 22:00 horas, en Almáci(gas) (Travesa de Basquiños, 14) de Santiago de Compostela, terán lugar dúas conferencias no ciclo Escrita(s) 2014, baixo o título Pode falar o subalterno ou certo grao de cólera contra a narrativización imperialista da historia, dirixido por Claudio Pato.
Nesta ocasión, Ana Salgado falará sobre Mover o sangue. Algúns corpos, algunhas poéticas de mirar a tensión, e Iria Sobrino sobre Palabras non autorizadas. O manifesto.
Cork, Irlanda: actividades do día dedicado a Xavier Queipo
O
Irish Centre for Galician Studies (UCC) da Universidade de Cork organiza unha serie de actividades este venres 26 de setembro arredor da figura de Xavier Queipo, quen protagonizará o programa de actividades:
– De 11:00 a 13:00 h. no ORB. G38. Obradoiro A esencia en frascos pequenos / Eye Drops.
– De 14:00 a 15:00 h. no ORB. 132. Conferencia Sobre o contacto entre linguas: o vigor do híbrido.
– 16:15 h. no TBC. Seminario Arquitectura dun mito: a tradución galega de Ulysses de James Joyce.
Compostela: Fran Conde e Samuel Solleiro no ciclo Escrita(s) 2014
O
xoves 25 de setembro, entre as 19:00 e as 22:00 horas, en Almáci(gas) (Travesa de Basquiños, 14) de Santiago de Compostela, terán lugar dúas conferencias no ciclo Escrita(s) 2014, baixo o título Pode falar o subalterno ou certo grao de cólera contra a narrativización imperialista da historia, dirixido por Claudio Pato.
Nesta ocasión, Fran Conde falará sobre Deleuze&Guattari <> Lacan. Esquizoanálise <> psicanálise lacaniá, e Samuel Solleiro sobre Do futurismo á música industrial: fascismo e vangarda no corazón do bosque.
Lugo: Cilistro na memoria vida de Lugo, no centenario de Celestino Fernández de la Vega
Madrid, 18-19 setembro 2014: Xornadas Internacionais UCM-UNED Literatura galega: identidade, alteridade e exilio, do 18 ao 19 de setembro
As
Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 Literatura galega: identidade, alteridade e exilio pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.
Os seus destinatarios son: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Está organizado pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), Centro de Estudos Galegos e a UNED, está dirixido por Carmen Mejía Ruiz (UCM) e Xavier Frías Conde (UNED). O comité científico está formado por Ana Acuña (Universidade de Vigo), Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega), Antonio Domínguez Rey (UNED), Alberto Gómez Bautista (Universidade de Aveiro), María Victoria Navas Sánchez-Élez (UCM), André Pociña López (Universidad de Extremadura), Eugenia Popeanga Chelaru (UCM) e Juan Miguel Ribera Llopis (UCM).
Pódese descargar o programa definitivo aquí.










