Desde
Nós Diario:
“O festival “Alguén que respira!”, unha referencia na axenda dos encontros poéticos peninsulares, ía ter lugar do 18 ao 21 de marzo, que é cando se celebra o Día Mundial da Poesía. Agora, nesas mesmas datas, a web manterá unha programación permanente baixo o lema “Poesía contra coronavirus”.
O festival, desta maneira, trasládase do Teatro Principal de Compostela a internet e en aberto para que toda a poboación poida acceder a el. Consistirá na publicación dunha serie de audios coa lectura de poemas por parte das persoas presentes no programa.
Nel figuran, entre outras, Mercedes Peón, Manolo Rivas, Antonio Barahona, Pablo Fidalgo, Chus Pato, Celso Fernández Sanmartín, Lupita Hard, Lara López, Pau Vadell, Beatriz Chivite ou Miguel Azguime. O equipo artístico e técnico do Respira!, así como os seus organizadores, explican nun comunicado que agardan que esta crise sanitaria “sexa atallada da maneira rápida” e lamentan “a dramática situación de angustia que viven os miles de afectados e a sociedade en xeral”.”
Arquivo da categoría: Poesía
Antonio García Teijeiro le fragmentos de diversas obras
Desde a AELG recollemos
as lecturas que fai Antonio García Teijeiro de fragmentos de varias obras súas:
– Poemar o mar, aquí.
– Vento, ventiño, venteiro, aquí.
– Bicos e non balas, aquí.
– Bicos e non balas, aquí.
– Lendo lendas, digo versos, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Padrón: presentación de Vacastras, de Rosa Enríquez (cancelado)
Ferrol: palestra-colóquio “A Galiza e Portugal através da história, por Manuel Miragaia (adiada ao 22 de maio)
Malpica: presentación de Marco Livorno, de Mario Regueira, e [sen-fin], de Eduardo Estévez (adiada)
Muxía: presentación de Caída, de Suso Bahamonde (adiada)
Compostela: presentación de #hashtags para un espazo agónico, de Arancha Nogueira
Miño: presentación de Verso plural, de José Luis Graña Muíño
O
12 de marzo, ás 20:15 horas, no Local Social da Rúa (Miño), preséntase Verso plural, de José Luis Graña Muíño, publicado por Medulia. Neste acto, Verónica Fachal e Antonio Loureda acompañarán o autor.
Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía 2020 (II)
O acto central do Día de Rosalía 2020 tivo lugar o domingo 23 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Lectura do Manifesto da AELG no Día de Rosalía 2020, por Daniel Asorey:





