“A
Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica chaman a crear poemas que inclúan nos seus versos SALVEMOS OS FRESCOS DOS VILARES e FRESCOS DOS VILARES, V SÉCULOS DE NÓS. O estilo, métrica e idioma son libres. O prazo límite de recepción dos poemas será o 30 de novembro.
Esta iniciativa busca coa poesía reivindicar ás administracións públicas a restauración destas importantes pinturas do S. XVI. Os poemas recibidos serán publicados nas redes sociais das dúas entidades e unha vez recibidas todas serán enviadas ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e aos titilares da Igrexa, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Guitiriz. Tamén serán editados en formato dixital para a súa descarga gratuita.
Os poemas poderán enviarse ao correos
dosvilares@gmail.com
nnpggazetagmail.com
A iniciativa busca sensibilizar ás diferentes administracións para evitar a perda destas importantes obras artísticas (están incluidas na lista vermella do património estado) de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira.
Casi cinco anos de promesas, visitas, iniciativas parlamentares, valedor do pobo, conferencias, edicións de diptucos, videos etc que resultaron infructuosos diante da administración mentras que o paso do tempo, as humidades e a falta de protección siguen a deteriorar as pi turas co risco de desaparición definitiva si non se toman medidas para evitalo.
A acción poética culminará con un recital poético para reclamar a restauración dos frescos.”
Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: performance poética A palavra mais bonita, de Maria Giulia Pinheiro
Escola de Escritoræs. Obradoiro Poéticas rebeldes: poesía infantil e xuvenil, con Fran Alonso, en Pontevedra
O
Obradoiro Poéticas rebeldes: poesía infantil e xuvenil é unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra. Será impartido por Fran Alonso, cunha sesión especial de Carlos Negro.
A poesía infantil e xuvenil conxuga a súa capacidade para seducir desde a lectura coa maxia da palabra, coa súa enorme disposición para o xogo e a súa vocación rebelde e subversiva. Sen dúbida, é un xénero, cheo de forza e de futuro. Nese curso coñeceremos e escribiremos poesía infantil e xuvenil penetrando nos seus segredos, mergullándonos nas súas formas, nos temas, nas voces ou nos silencios. Exploraremos a súa relación coa música, coa ilustración, coa oralidade e coa arte, sen esquecer os mecanismos para saber transmitila e os camiños que levan á súa publicación.
Terá 8 sesións de dúas horas cada unha.
Calendario e inscrición
– Haberá oito sesións de dúas horas de duración cada unha, os días: venres 25 e xoves 31 de outubro; venres 8, 15 e 22 de novembro, xoves 28 de novembro; xoves 5 de decembro e venres 13 de decembro de 2019.
– Horarios: de 18:30 a 20:30.
– 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
– Inscrición, gratuíta, no correo electrónico oficina@aelg.org.
– As prazas asignaranse por orde de solicitude.
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 – Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.









