Compostela: Galego, porta aberta para o mundo, do 26 ao 29 de xuño

A inscrición debe facerse antes do 15 de xuño aquí.

Entrevista a Héctor Cajaraville e Carlos Negro no Diario Cultural

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Héctor Cajaraville con Kusuma e Carlos Negro con Aplicación Instantánea, premios Merlín de Literatura infantil e Jules Verne de Literatura xuvenil. As entrevistas poden escoitarse aquí.”

Londres: recitais poéticos de Isaac Xubín

O martes 12 de xuño, ás 18:00 horas, no King’s College de Londres (P21 Gallery, 21-27 Chalton Street, London NW1 1JD), Isaac Xubín recitará poemas seus e doutras/os poetas galegas/os na presentación que se fará do libro Migrant shores, editado por Manuela Palacios. O acto está integrado no congreso Languages Memory, primeiro congreso do proxecto Language Acts and Worldmaking.
O mércores 13, ás 19:00 horas, recitará tamén na Bodega de Portobello.

Para perder o medo, [à] poesia! por Susana Sánchez Arins

Artigo de Susana Sánchez Arins na Sega:
“É mui complicado ser superoína. No quotidiano dos dias caminhas as ruas, as praças, as grandes avenidas, com todos os teus poderes aí, à vista para quem saiba ver, mas invisíveis para a maioria. E tanto melhor, porque muita gente não percebe e teme aquilo que ignora. É complicado chegar ao parque, sentar na randeeira, no alto da escorregadoira, e fazer o simulacro de brincar como criança para não estontear ao mundo com a nossa melhor cara de velocidade.
É mui complicado ser poeta. No quotidiano dos dias caminhas as ruas, as praças, as grandes avenidas, com todas as tuas metáforas aí, à vista para quem saiba ver, mas invisíveis para a maioria. E tanto melhor, porque muita gente não percebe e teme aquilo que ignora. É complicado chegar ao parque, sentar na randeeira, no alto da escorregadoira, e fazer o simulacro de vigiar como adulta para não estontear ao mundo com a nossa melhor cara de velocidade.
Mas quando és poeta e superoína a um tempo, é singelo explicar ao mundo, para que perceba e deixe de temer, as superoínas, a poesia.
Isso faz Marga Tojo num preciosista volume, maravilhosamente acompanhado dos desenhos de María Hergueta.
Cara de velocidade é a que pomos as superoínas, mesmo as poetas, para andar polo mundo. Podemos acompanhar com capa e pijama de dinossauros, aí ao gosto de cadaquém, mas o importante é que ao mudarmos a maneira de olhar, damos com esses pormenores que nos acompanham na rotina dos dias e que fazem destes uma aventura. (…)”

Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do sábado 9 e domingo 10

O sábado 9 e domingo 10 de xuño finaliza a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:

Sábado 9
– 11:00 h. Clube de Lectura Aberto con Eli Ríos sobre Culpable. Organiza Jorge R. Durán. Colabora Chan da Pólvora Libraría.
– 12:00 h. Paseo literario con Carlos Callón. Homosexualidade en Compostela na Idade Media. Organiza Asociación Cultural O Galo. ▸ Inicio: Escaleira de San Domingos de Bonaval.
– 12:30 h. Através editora. Conversa con Brais Arribas e Afonso Becerra. Conversa para presentar a nova colección «Alicerces».
– 13:30 h. El faro de los tres mundos. Presentación da colección
«Biblioteca de teatro» da editorial Kalandraka. Actuación da Compañía Chévere.
– 17:30 h. Espazo Efémero. Orfeu Negro.
– 18:00 h. Librería Palacios. Manuela. Presentación do álbum ilustrado Manuela, dirixido a público infantil, e posterior sinatura do libro a cargo dos seus autores.
– 18:30 h. Urco Editora. María Victoria Moreno. Contacontos para público infantil sobre a vida e obra de María Victoria Moreno a cargo de Eli Ríos.
– 19:00 h. Xandobela. Pan e auga? Sopas! As cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias do avó Casiano.
– 19:30 h. Libraría Lenda. Tundra. Presentación do poemario Tundra, de Carlos Negro, editado por Espiral Maior. Coa participación de Xiao Berlai.

Domingo 10
– 13:00 h. aCentral Folque. Presentación + microconcerto Mulleres de Gargamala e Maruxa das Cortellas. Xulia Feixoo (percusionista e etnomusicóloga) e Guillerme Ignacio (compilador de música de tradición oral e músico) unen os seus saberes nesta mostra que viaxa entre a divulgación e o espectáculo musical.
– 17:30 h. Espazo Efémero. Premios SELIC.
– 18:00 h. Historias da tinta imaxinaria. Paisaxe imaxinaria que pretende achegar tres caras da oralidade galega a todos os públicos, especialmente aos máis pequenos e pequenas coa participación de Alba María (improvisadora oral e filóloga) e Queco Díaz (guitarrista e pedagogo).
– 18:30 h. Xandobela. Quen ten cu ten medo. Contos de medo. «Becho que rebufas, detrás dese penedo. Vaite d’aí, que non che teño medo!».
– 19:00 h. Catro Ventos Editora. Biodiversidade: cara unha sexta
extinción masiva. Presentación do libro Ensaio sobre ecoloxía, coa participación do seu prologuista, Xosé Veiras García.
– 19:30 h. Roteiro Rúas de Poesía. 3 poetas recitando poemas polas rúas: Isaque Ferreira, João Rios e Rui Spranger. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.