Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: edición do Círculo Poético Aberto de outubro de 2015
O
sábado 10 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. Trátase dun espazo en galego e/ou portugués; aberto á poesía, música, performance… Organizado por Penúltimo Acto, con entrada libre.
A Coruña: recital poético e musical na inauguración da exposición Berros n(o gume d)a fronteira, de Xacobe Meléndrez
Betanzos: presentación de Poemas alumeados, de Luís Seoane
A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez
Manifesto da NPG, por Armando Requeixo
Desde
Criticalia, de Armando Requeixo:
“Existe un lugar no mundo onde todo se derruba en lus, onde o Tempo desorballa os prados, as estrelas arden sobre o medo e o mal e treman as bágoas nos budios escuros. Existe esa xeografía escolleita por un anxo e salvada nalgún intre de amor desesperado. Existe e chámase os Vilares.
Esta terra trapaceira entretece fías de soños e palabras. Aquí o leite, o centeo e a lus da aurora nutren o berce dos poetas para que oian pacer canto hai. Por iso non causa estrañeza que no Vilariño, pé do río do Requeixo, medrase un neno capaz de domear a verba, de infundir co seu alento o drama cheo que as cousas precisan, darlles rostos pra que se conozan e palabras para que se entendan.
Ese reino de Terra Verde e Mar de Orballo é o que herdaron Mar Beres, Luz Campello, Xosé Antonio Cascudo, Fátima Fernández, Judiña de Lea e Jaki Quintela. Algúns por seren estas terras ou as contiguas as que coñeceron as súas andainas infantes e mozas, outros por radicar nestas landas a memoria do seu sangue, tamén a mandorla á que regresan sempre e mais despois.
Este sexteto non é unha xeración literaria, non precisa selo. Nin sequera é un colectivo formalmente constituído. É, iso si, un grupo que sente o vencello da terra, o urro telúrico do sangue dos devanceiros comúns, a lentor da chaira que lles agabea polo peito e os reclama para a tribo guitirica, poetas párracos, xente de ollada longa e largacío sentir, envisos nas lombas de Arxán cando o solpor oculta Lourenzo. (…)”
Ferrol: concerto-presentación de Grus Art
Compostela: recital de A cabeleira, de Claudio Rodríguez Fer
O
martes 6 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, o recital da obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada por Carmen Blanco e Sara Lamas. No acto estará presente, xunto ao autor, Natalia Fernández Segarra.
A Coruña: Sempre en Ibiza, con Lucía Aldao e María Lado
O
venres 2 de outubro, ás 20:00 horas, no Palexco (Peirao de Trasantlánticos, s/n) da Coruña, dentro do Festival Mar de Mares, terá lugar o espectáculo Sempre en Ibiza, con Lucía Aldao e María Lado. A entrada é gratuíta.





