O
martes 26 de marzo, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Aventura, coa participación de Anxo Angueira, Silvia Penas e Márcio-André.
Arquivo da categoría: Poesía
Cantares para Rosalía: nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía
Manuscritos: Elvira Riveiro
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Manuscritos: Ramiro Torres
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Narla, Friol, Lugo: nº 2 da revista oral Castronela
O
sábado 23 de marzo, ás 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), pertencente á Rede Museística da Deputación de Lugo, terá lugar a segunda edición da Revista oral de periodicidade anual Castronela, coordinada por Antonio Reigosa, con entrada libre e gratuíta. O sumario é o seguinte:
– Portada musical. Xota de Pardeiro de Castriz, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla. Para matar a sede (útiles relacionados coa auga), por María Rosario Fernández González (10’).
– Música. Pasodobre de Cabaleiros, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Poesía (I). O mar a punto de abrirse, por Concha Blanco Montecelos (5’).
– Música. Muiñeira de Calvos, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Medicina popular. Trasmonte. O ritual terapéutico coñecido como “O mal do sartego”, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
– Música. O Son da Mariña, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Poesía (II). As palabras son coitelas, por Concha Blanco Montecelos (5’).
– Música. Muiñeira de Grixoa, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Cruceiros de Friol. O cruceiro de Cotá, por Fernando Arribas Arias (10’).
– Poesía (e III). Teño a alma cargada de orballo, por Concha Blanco Montecelos (5’).
– Música. A Chiviña, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
– Cultura activa. 1ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural (Organiza: Asociación Carballo Vivo), por Ángel Buján Zas e J. Manuel Iglesias Espiño (10’).
– Opinión. Intervención do público (5’).
– Epílogo. Por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
– Contraportada musical. Chiqui-Chiqui de Lourido, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
Ferrol: homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
O
sábado 23 de marzo, a partir das 12:00 horas, na Rúa San Francisco de Ferrol, terá lugar a homenaxe da Fundaçom Artábria a Ricardo Carvalho Calero, que contará con poesía, música e unha ofrenda floral.
Vigo: recital público de A porta verde do sétimo andar
Homenagem da literatura portuguesa a Rosalía. Rosa a rosa
Desde Sermos Galiza:
“A primeira obra literária da nossa Renascença viu a luz há um século e meio. Nela o povo galego viu-se no espelho com as suas festas e desgraças, paisagem e alma. Cantares Gallegos foi um extraordinário exercício linguístico e literário que desconhecendo o passado não só tratou de converter o galego em língua poética e reivindicar o seu uso, tremendo esforço para a época e realizado por uma mulher num contexto de intensa subalternidade feminina. Mas excedeu ainda a gesta com uma defesa do ser galego diante das províncias castelhanas, na redescoberta da nossa própria identidade.
Não admira, pois, que os versos de Rosalia de Castro, a filha ilegítima nascida na madrugada de 23 para 24 de Fevereiro de 1837, corressem de boca em boca, primeiro na Galiza e na Argentina, depois por toda a parte onde havia galegos, ficando como a primeira enciclopédia dos nossos sentimentos e modos de ser. Também não admira que neste 2013 em todas as escolas do país houvesse lembranças. E homenagens mais solenes. Outras diferentes ou inesperadas. Como a promovida durante o maior encontro de escritor@s de Expressão Ibérica de Portugal, as Correntes d’Escritas da Póvoa de Varzim, no dia 23 de Fevereiro e em paralelo à clausura. Manuel Jorge Marmelo, Rui Sousa, Ivo Machado, Maria do Rosário Pedreira, Luís Carlos Patraquim, Michael Kegler, Sara Figueiredo, Cláudia Ribeiro, Hélia Correia, Manuela Ribeiro, Possidónio Cachapa e João Tordo, foram ler dois versos cada, da parte IV do conhecido poema A Gaita Galega, a convite de Carlos Quiroga, que os gravou à hora do café e durante a tarde. Montou depois neste vídeo de dois minutos e 20 segundos, com música de gaita e cenas da manifestação compostelana do dia 3 –a condizer com o texto.”
Melide: Con dez poemas por barba, de Lucía Aldao e María Lado
III Maratón de Lectura de Burela, o martes 23 de abril
“O
Maratón de Lectura nacía en 2011 da man da Delegación de Cultura do Concello de Burela, mais en 2012 sería o Colectivo Cultural Buril quen collería o relevo na organización desta actividade cuxa finalidade principal é a de promover a lectura en lingua galega. As socias e socios do C. C. Buril estamos moi satisfeit@s pala alta participación acadada na pasada edición, así como polo interese mostrado por parte de todas as persoas e entidades participantes, motivos estes que nos animan a realizar unha nova edición do Maratón de Lectura, que este ano celebraremos o 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro. A cita terá lugar en Burela, no salón de plenos do Concello, como ben sendo habitual, aínda que a diferenza de anos anteriores, a presente edición desenvolverase en torno a unha temática literaria específica.
Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Galegos, obra fundacional da literatura galega contemporánea e símbolo do Rexurdimento da literatura e da cultura galegas e por iso desde o Buril queremos dedicar o III Maratón de Lectura a Rosalía de Castro, sumándonos deste xeito ás distintas actividades que se están a desenvolver en numerosas vilas e cidades galegas, promovidas principalmente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), pola Fundación Rosalía e polo asociacionismo cultural de base.
Na medida do posible e de cara a facilitar a planificación e partlcipación dos centros educativos, tentaremos manter unha distribución horaria similar á da anterior edición. Deste xeito, as dúas primeiras horas da mañá (10:00 a 12:00 h.), estarán reservadas para os centros de Educación Primaria (CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme) e as dúas últimas horas da mañá (12:00 a 14:00 h.), reservaranse para os centros de Educación Secundaria (lES Monte Castelo e lES Perdouro). Cada centro educativo disporá de aproximadamente 60 minutos para realizar a lectura da obra ou fragmento escollido, que será lido polos alumnos e alumnas que representen ao centro na orde que estableza o propio profesorado. A nosa proposta é que os centros de primaria lean poemas de Cantares Galegos e os centros de secundaria poemas de Follas Novas, así como o limiar de calquera dos dous libros, segundo estime oportuno o profesorado.
No que se refire a asociacións e clubes deportivos, poderán escoller calquera tramo horario desde as 16:00 ás 20:30 h., en función das súas posibilidades. Unha vez establecidas as quendas de lectura de cada colectivo, poderán anotarse a título individual todas as persoas que o desexen. Tanto para colectivos como para persoas o tempo aproximado de lectura será de 5 minutos por persoa, non excedendo, na medida do posible, de 30 minutos no caso dos colectivos. As persoas e colectivos participantes terán liberdade para escolleren os textos que quixeren, sempre e cando se trate de fragmentos da obra rosaliana ou ben textos de outros autores ou autoras dedicados á poeta de Padrón.
Agradecemos de antemán a súa atención e que nos comunique á maior brevidade posíbel a súa asistencia, a súa preferencia horaria e o texto escollido para a lectura. Poden pórse en contacto connosco a través do noso enderezo electrónico: ccburil@gmail.com ou ben no tfno. 616473366 (Rosana) polas tardes.
Agardando contar coa súa presenza, reciba un afectuoso saúdo.
Burela, a 8 de marzo de 2013″.



