O
luns
3 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Branca Novoneyra e o poeta brasileiro Márcio-André.
Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: 2º Exprés Literario-Libros a toda mecha
Santa Cruz, Oleiros: presentación de Atlas de Chaguán e Letras de Amor e Guerra
O
sábado 1 de xuño, a partir das 19:00 horas, no Centro Cívico de Santa Cruz (Oleiros), preséntanse conxuntamente os libros Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, e Letras de Amor e Guerra, de Ramiro Vidal, publicados por A porta verde do sétimo andar. No acto tamén haberá a participación musical de Miguel Alonso.
A Coruña: lanzamento de Outra Vida, de Mário Herrero
A
sexta feira, 31 de maio, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario Outra Vida, de Mário Herrero, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Pedro Casteleiro.
Carral: presentación de Teatro, de Roi Vidal, e entrega do XVI Certame de poesía Concello de Carral a Dores Tembrás
Anxo Angueira presenta en Eirado a súa edición crítica de Cantares gallegos
A Coruña: Barco das Letras 2013, Mar Revolto Vidal Bolaño, o 1 de xuño
Manuscritos: Rosa Enríquez
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Negreira: presentación de Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema
O
mércores 29 de maio, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Negreira, preséntase o poemario Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema, primeiro premio Xosé Manuel López Ardeiro de poesía, editado polo Concello de Negreira e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No acto participa, xunto ao autor, Anxo Lorenzo.
Compostela: lanzamento de Sete ch´iens a um posso, de Sílvia Capom
A
terza feira 28 de maio, ás 20:30 horas, na Ciranda (Rua da Travesa, 7), de Compostela, terá lugar o lanzamento do poemario Sete ch´iens a um posso, de Sílvia Capón, publicado por Através Editora.




