Entrevista
a María Canosa en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Todos os versos deste poemario [Ronca o mar] son referidos ao mar?
– María Canosa (MC): Si, falo do mar con todas as súas identidades: a parte crúa, a parte dura, a parte romántica. Ningún dos versos é igual, como as ondas que van e veñen, como o mar: uns son curtos, outros máis longos e van debuxando liñas no papel, como as ondas do mar. Paréceme que o pobre maquetador quedou un pouco farto de min.
– LVG: ¿Seguirá coa poesía?
– MC: Sempre fago un pouco de todo. Despois disto darame menos medo escribir poesía, aínda que sempre fun facendo cousas pero sen publicalas.”
Arquivo da categoría: Poesía
Santiago: presentación de Acuática alma, de Marta Dacosta
O
mércores 15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Acuática alma, de Marta Dacosta, publicado en Espiral Maior. No acto, xunto á autora, participan Teresa Moure e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Santiago: Picaversos, con Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño
O
martes 14 de febreiro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Míticos, onde participarán Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño.
Ourense: recital poético de Celsa Barja
O
martes 14 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro Cívico A Ponte (Rúa Eulogio Gómez Franqueira) de Ourense, Celsa Barja dará un recital poético especialmente dedicado á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR). No acto, en que estará acompañada pola música de Israel Elíaz, realizarase, xunto ao público asistente, un Poema humano.
O Temple, Cambre: Vermú literario sobre Os quilómetros que percorremos dende aquela, con Alberte Momán
O
sábado 11 de febreiro, ás 13:30 horas, na Librería A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2) do Temple (Cambre, A Coruña), terá lugar un Vermú literario sobre a obra Os quilómetros que percorremos dende aquela, de Alberte Momán, publicado en Toxosoutos.
Vigo: presentación de Transición, de Fran Alonso, e recital poético con María Lado e o autor
O
venres 10 de febreiro, ás
20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o novo poemario de Fran Alonso Transición, publicado en Franouren. No acto, presentado polo editor Manuel Ángel García, terá lugar un recital poético de María Lado e o propio Fran Alonso.
Pontevedra: presentación de Acuática alma, de Marta Dacosta
Moaña: presentación de Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas
O
xoves 9 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural Daniel Castelao de Quintela (Moaña), preséntase o libro Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas, publicado por Barbantesa. O acto, coorganizado coa Libraría O Pontillón e a editora, e no que estará presente o propio autor, será presentado pola poeta Ledicia Costas.
A Coruña: conferencia Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa, por Carme Ríos Panisse
O
martes 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, Carme Ríos Panisse falará, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da Agrupaçom Cultural O Facho sobre Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa.
A Coruña: Estíbaliz Espinosa e Yasuhiro Yotsumoto no ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns 6
de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala Polivalente do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n., continuación da Rúa Mosteiro de Caaveiro) da Coruña, terá lugar unha nova edición de Poetas Di(n)versos, ciclo dirixido por Yolanda Castaño, no que participarán Estíbaliz Espinosa e o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto (Osaka, 1959), quen ofrecerá distintas mostras de recitado clásico nipón seguidas de traducións ao galego.
