Arquivo da categoría: Premios e concursos (outros)
A poeta María Mariño, nomeada Señora das Letras 2024
Desde Nós Diario:
“A plataforma de crítica literaria A Sega vén de anunciar que o Día das Galegas nas Letras homenaxeará este ano a María Mariño Carou, unha das poetas máis relevantes do pasado século. Xa en 2007 a Real Academia Galega dedicáralle o Día das Letras Galegas. (…)”
Vigo: entrega do Premio de Igualdade Ernestina Otero a Margarita Ledo Andión, o 15 de marzo
Bases do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua
Mondoñedo: homenaxe a Álvaro Cunqueiro e distinción do Cunqueiriano de Honra 2024 a Claudio Rodríguez Fer
Chamada de poemas que exploren a relación entre poesía e intelixencia artificial PoesIA

“Co ánimo de tender pontes entre os estudos literarios e outras disciplinas, o proxecto de investigación PHIRGAL sobre “Interseccións posthumanas nas literaturas galega e irlandesa” e o Grupo “Discurso e Identidade” fan a seguinte chamada de poemas que exploren a relación entre poesía e intelixencia artificial.
Con esta chamada queremos indagar no potencial das novas textualidades, explorar as posibilidades creativas da IA, contribuír ao debate IA vs. autoría humana e promover a reflexión sobre os límites do humano no marco dos debates actuais sobre posthumanismo.
Actividade de transferencia do proxecto PHIRGAL e o Grupo “Discurso e Identidade” para abrir a investigación universitaria ao ámbito social e cultural no que está inserida.”
A xornalista Eva Veiga, premio de honra Fernando Rey por “facer posíbel unha televisión pública comprometida”
Desde Nós Diario:
“O premio de honra Fernando Rey, entregado pola Academia Galega do Audiovisual, recae este ano na xornalista Eva Veiga por ser parte dunha xeración “que fixo posíbel unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade”. A decisión anunciouse esta terza feira nun acto na Cidade da Cultura no que participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, e Carmen Méndez, en representación da xunta directiva.
A academia, en palabras de Méndez, decidiu outorgarlle o premio a Veiga por “formar parte dunha xeración pioneira que fixo posíbel unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegos, así como pola súa traxectoria vital que transita da memoria á vangarda, empregando a comunicación e a creación como ferramentas ao servizo da cultura e o audiovisual galego; e por constituír un exemplo de profesionalidade, creatividade e resiliencia”. (…)”










