O 7 de xuño, ás 20:30 horas, na Biblioteca de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns. O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Conduce o acto María Lemos Cerqueira.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Foz: presentación de As ramonas, de Ana Cabaleiro
Compostela: presentación de Castelao. Construtor da nación. Tomo I, de Miguel Anxo Seixas Seoane
Vigo: presentación de Nuredin o taxista e Amedine o pintor, de Xosé Manuel Beiras, o 6 de xuño
Redondela: acto destacado do 7 de xuño na Feira do Libro 2019
O 7 de xuño continúa a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
– 20:45 h. Presentación de As Penlas de Redondela, de Telmo Crespo Tojeiro, publicado por Imprenta Amador Pérez.
A Coruña: presentación de Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela Puñal
Compostela: presentación de Infamia, de Ledicia Costas
Madrid: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Redondela: acto destacado do 6 de xuño na Feira do Libro 2019
O 6 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, co seguinte acto literario destacado para este día:
– 20:00 h. Coloquio entre María Eiras (autora de As nosas letras de Muller a Muller -a exposición co mesmo nome estará aberta durante toda a feira-) e Elba Pedrosa, moderado por Teresa París Blanco.