O
29 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría O Pontillón de Moaña (Rúa Concepción Arenal, 7, A Seara), preséntase Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, publicado por Xerais. No acto, o autor estará acompañado por Iria Collazo.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Porto: Poesía galega no Porto. Arrincando marcos 2019
PROGRAMA (todos os actos son públicos):
– 15:30 h. Entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro, na Praza da Galiza.
– 17:00 h. Rolda de Prensa.
– 19:00 h. Recital conxunto dos oito poetas.
– 21:00 h. Leitura colectiva do texto Que é Galicia?, de Lois Pereiro.
– 24:00 h. Chamado aos pobos galego e portugués.
A editora compostelá Edicións Positivas acompaña oito poetas galegas-os (que figuran no cartaz e na antoloxía editada para a ocasión), precisamente os oito últimos publicados na editorial, nunha xornada que terá como acto central un recitado conxunto na Livraria Poetria.
Este desembarco, denominado ARRINCANDO MARCOS, é o inicio dunha serie de accións para que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital.
A Pobra do Brollón: presentación de Feliz Idade, de Olga Novo
A Coruña: lanzamento de Origem e Ruptura, de Ramiro Vidal Alvarinho
Cacheiras, Teo: presentación de O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira
Vídeo da presentación na Coruña de Contra todo isto, de Manuel Rivas
Ourense: presentación de A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II, de Xulio López Valcárcel
O
28 de marzo, ás 20:00 horas, no Café Cultural El Cercano (Rúa Cardeal Quevedo, 20), en Ourense, Xulio López Valcárcel presenta A invención dun Deus. Xesús de Nazaret II. A configuración do mito, publicado por Laiovento. No acto estará acompañador por Pura Veiga e Daniel López Vispo.
Oleiros, Ribeira: presentación de Arró, de Xabier López Marqués
A Estrada: presentación de Zapatos Máxicos, de Fernando González Graña
Ourense: presentación de Por puntos, de Manuel Portas, á prensa
O 28 de marzo, ás 11:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa do Progreso, 30), terá lugar a presentación á prensa de Por puntos, a novela coa que Manuel Portas gañou o Premio Blanco Amor 2018.




