Compostela: actividades destacadas do 15 de xuño na Feira do Libro 2020

O 15 de xuño continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

– 18:00 h. Néstor Blanco asina Lingua guapa. Cantos que contan, publicado por Galaxia, en coautoría con Fina Casalderrey.
– 19:00 h. Aurora Marco asina Irmandiñas e Foula e ronsel, publicados por Laiovento.
– 20:00 h. Iolanda Aldrei asina Entrecortar, publicado por Através Editora.

Compostela: actividades destacadas dos 13 e 14 de xuño na Feira do Libro 2020

O 13 de xuño comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este fin de semana:

Sábado 13
– 10:20 h. Pregón de inauguración a cargo de María Solar.
– 13:00 h. María Solar asina Quokka Moka e o resto da súa obra.
– 18:00 h. Elba Pedrosa asina O que non sabías, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Xosé A. Neira Cruz asina Veleno de tinta impresa e o resto da súa obra.
– 20:00 h. Alfredo Conde asina exemplares de Homes de ferro, publicado por Ézaro, e Un vento que pasa, publicado por Galaxia.

Domingo 14
– 12:00 h. Pere Tobaruela asina O asasinato da profesora de xeografía, publicado por Embora.
– 13:00 h. Carlos Labraña asina A pequena compaña, publicado por Embora.
– 19:00 h. Vicente Vázquez Vidal asina Os afluentes, publicado por Tulipa.
– 20:00 h. Xabier Ron e Irene Tomé asinan Os exilios que somos, publicado por Alvarellos.

Boiro: presentación de Selected Poems/Poemas escollidos, de Douglas Dunn, o 12 de xuño

Debido ás medidas preventivas polo COVID-19, o aforo é para 80 persoas e cómpre confirmar asistencia ao acto para reservar asento. Podes confirmar a túa reserva neste correo: pastor@barbantia.es antes das 19:00 h do venres, 12 de xuño.

Presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, a través de Zoom

O 28 de maio, ás 19:00 horas, celébrase a presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado, publicado por Galaxia. Acompañando aos autores participa Francisco Castro, quen coordinará o evento.
As persoas interesadas poderán acceder ao encontro a través dunha ligazón e contrasinal que facilitarán desde Galaxia. Celebrarase na plataforma Zoom.

Compostela: A escrita e a fala na rede

Con motivo das Letras Galegas, ante a imposibilidade de poder realizar actividades culturais no interior da libraría, presentámosvos “A Escrita e a Fala na rede”, unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, unha viaxe a través da súa obra da man de Henrique Rabuñal, Pilar García Negro e Héctor Cajaraville, transmitido en directo a través da conta en Facebook da Libraría.
– Xoves 14 ás 19:00: encontro con Henrique Rabuñal, autor de Ricardo Carvalho Calero. O Anxo da Terra (Ed. Galaxia).
– Venres 15 ás 19:00: encontro con María Pilar García Negro, autora de Ricardo Carvalho Calero: A Ciencia ao Servizo da Nación (Ed. Laiovento).
– Sábado 16 ás 12:00: encontro con Héctor Cajaraville, autor de Ricardo Carvalho Calero. A Pegada do Compromiso (Ed. Xerais).