O venres 17 de abril, ás 19:30 horas, na Librería Ler (Avenida Fernando Blanco, 61) de Cee, terá lugar a presentación do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Suso Bahamonde e Fran Alonso.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: actividades do venres 17 na Feira do Libro
O venres 17 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
– 19:00 h. Xesús Constela asinará na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. María López Sández presenta O faro escuro, publicado en Galaxia. Participarán, xunto á autora, Xosé Monteagudo e Carlos Lema.
Compostela: presentación de O xardín de Irene, de Xosé Neira Vilas
Bos Aires: presentación de Remontar o río, de Helena Villar e Luz Darriba
O venres 17 de abril, ás 19:00 horas, no Salón Arturo Cuadrado (no primeiro andar de Chacabuco 955), da Cidade Autónoma de Bos Aires, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina organiza a presentación do libro de poesía Remontar o río, de Helena Villar Janeiro. No acto participan a ilustradora e co-realizadora do proxecto, Luz Darriba, e a escritora arxentina de orixe galega Anahí Almasia.
Lugo: presentación da novela Sabela, de Rosario Regueira Cereijo
Salceda: presentación de O corazón da maxia, de Xavier Estévez
O venres 17 de abril, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Salceda, terá lugar a presentación do libro O corazón da maxia, de Xavier Estévez, publicado en Xerais, nun acto coorganizado pola editora e o Concello de Salceda. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Betanzos: presentación de Allariz. A construción dun País, de Mar Gil
Pontevedra: actividades do xoves 16 na Feira do Libro
O xoves 16 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
– 19:00 h. Manuel Lourenzo González asinará na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Elena Gallego Abad presenta Dragal IV. A estirpe do dragón, publicado en Xerais. Participan, xunto á autora, Manuel Bragado e Pablo García Freire (de Lectureka).
Ferrol: presentación de Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”, de Francisco X. Redondo Abal
O xoves 16 de abril, ás 19:30 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, preséntase o libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego, de Francisco Xavier Redondo Abal, publicado por Laiovento. No acto, será presentado por Eliseo Fernández.