O
xoves 7 de maio, ás 20:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), preséntase Hai que matalos a todos, de Héctor Carré, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Fran Alonso e os actores Daniel Currás, Luísa Merelas e César Cambeiro, que farán unha lectura dramatizada de textos da novela.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Feira do Libro de Santiago: actividades do xoves 7
O
xoves 7 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 11:00 h. Encontro do Clube de Lectura do IES de Outes con Fernando M. Cimadevila e o seu libro O mundo secreto de Basilius Hoffman.
– 19:00 h. Elena Gallego presenta Dragal IV. A estirpe do dragón, publicado en Xerais. No acto participa, xunto á autora, Manuel Bragado.
– 20:00 h. Lucio Martínez Pereda presenta Medo político e control social na retagarda franquista, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
– 20:00 h. Fran P. Lorenzo asinará exemplares de Cabalos e lobos, publicado en Xerais.
Lugo: presentacion de No tempo de “Follas novas”
Lugo: presentación de A cicatriz branca, con Margarita Ledo
O
xoves 7 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase A cicatriz branca. No acto participarán, ademais da autora, Margarita Ledo, Tonina Gay e Víctor F. Freixanes. A editorial Galaxia organiza o acto en colaboración coa Asociación Cultural Valle Inclán.
Ourense: presentación do número 100 da revista A Trabe de Ouro
Feira do Libro de Santiago: actividades do mércores 6
O
mércores 6 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Antonio Reigosa presenta Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, publicada en Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde, publicado en Xerais.
Feira do Libro de Santiago: actividades do martes 5
O
martes 5 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Xosé Ramón Freixeiro Mato e membros do Grupo de Investigación da Universidade da Coruña presentan Modelos de lingua e compromiso, en edición de Xosé Manuel Sánchez Rei e A poesía oculta de Filgueira Valverde, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicados por Baía Edicións.
– 20:00 h. María Xosé Queizán presenta Son noxento, publicado en Xerais. No acto participa, xunto á autora, Manuel Bragado.
Lugo: presentación de Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán
O
martes 5 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, publicado en Círculo Rojo. No acto, xunto ao autor, participa Verónica Martínez Delgado.
Pontevedra: presentación de Cegoñas no fondo da ría, de Manuel Lourenzo González
Feira do Libro de Santiago: actividades do sábado 2, domingo 3 e luns 4 de maio
O
sábado 2 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado 2, domingo 3 e luns 4:
Sábado 2
– 19:00 h. Presentación do novo libro de Manuel Núñez Singala, Instrucións para tomar café, publicado en Galaxia. Estará acompañado por Arturo Ponte.
– 20:00 h. Concha Blanco e Dani Padrón asinarán exemplares de As pantuflas de Celia, na Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Presentación de O faro escuro, de María López Sández, publicado en Galaxia. Acompañarán á autora Inma Otero e Víctor F. Freixanes.
Domingo 3
– 19:00 h. Encontro de Fantasía Galega, organizado polas editoriais Urco e Contos Estraños.
– 20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Luns 4
– 19:00 h. Séchu Sende presenta A República das Palavras, publicada por Através. Xunto ao autor, participan no acto Miguel Penas, Elba Baldomir Turnes e Alba María.


