Compostela: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga

ACarlos Quiroga quinta feira 12 de maio, ás 20:30 horas, decorrerá na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21), en Santiago de Compostela, o lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, do Carlos Quiroga, publicado por Através. O evento contará coa presenza de Elias J. Torres Feijó.

Pontevedra: Camiño aberto. 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey 1916-2016

Lueiro Rey 1Lueiro Rey 2Lueiro Rey 3Lueiro Rey 4

Compostela: presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López

ATrês Tempos Luís Mazás quinta feira 12 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar. No acto participan, acompañando ao autor, Iolanda Aldrei e Ramiro Vidal Alvarinho, xunto á música de Miguel Alonso.

Pontevedra: presentación de Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala

O Manuel Núñez Singala AELGluns 9 de maio, ás 18:00 horas, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado polo Concello, preséntase Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia, nun acto en que o autor estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero.

Lugo: Cultura ciclostil. Xornada de pequena edición

Cultura ciclostil

Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 7 e domingo 8

DoFeira Libro Bos Aires Compostela cidade convidada 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.

Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 7 de maio:
18:00 h. Festival de Poesía, Música e Baile. Con Miguel Anxo Fernán-Vello, a Agrupación Folklórica Baixo Miño, o Grupo de Gaitas da Sociedad de Vedra, a Agrupación Folclórica Galega Miña Terra/Sociedad Arantei, Vilamarín y A Peroxa, o Grupo de Gaitas y Bailes Tradicionales do Centro Galicia de Buenos Aires, o Centro Arzuano Melidense e o Grupo de Baile y de Música del ABC del Partido de Corcubión. Teatro Valle-Inclán do Centro Galicia.
19:00 h. Presentación de A noite enriba, de Diego Ameixeiras, publicado por Xerais. Co autor e Kike Ferrari. Stand.

E no domingo 8 de maio:
19:00 h. Proxección audiovisual de Os Xogos Florais do Idioma Galego, co seu autor, Xan Leira. Stand.