Vigo: presentación do número 193 da revista Grial

O xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, preséntase o número 193 da revista Grial, que xira sobre Valentín Paz-Andrade, Isaac Díaz Pardo, emprendedores. Participan Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, Uxío Labarta, Fernando Salgado e Alfonso Paz-Andrade.

Santiago: actividades destacadas do xoves 3 e venres 4 na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do xoves 3 e venres 4 de maio son as seguintes:

* Xoves 3:
19:00 h. Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Xerais. Acompañará aos autores Manuel Bragado. Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

* Venres 4:
19:00 h. Presentación do libro Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado por 2.0 Editora. Xunto cos autores, participa no acto Antón Lado.
20:00 h. Presentación do libro Un pozo moi fondo, do doutor José Luís Iglesias Díaz, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Nieves Herrero e Francisco Castro.

Santiago: actividades destacadas do 1 e 2 de maio na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do martes 1 e mércores 2 de maio son as seguintes:

* Martes 1:
20:00 h. Mesa redonda: Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

* Mércores 2:
18:30 h. Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, de Martiño Noriega, publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro.
19:00 h. Presentación do libro O silencio, de Mario Regueira, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Arturo Casas e Manuel Bragado.
20:00 h. Presentación de Dark butterfly de Rexina Vega. Intervirán: Armando Requeixo, Rosa Enríquez, Manuel Bragado e a autora

Santiago: actividades destacadas do luns 30 de abril na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do luns 30 de abril son as seguintes:

19:00 h. O escritor Xosé Neira Vilas presenta o seu libro 100 anos do himno de Galicia publicado por Edicións Embora. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras.
20:00 h. Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? de varios autores, coordinado polo xornalista Marcos Pérez Pena e publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Marcos Pena, Antón Lado e varios dos autores da mesma.

Santiago: actos destacados da Feira do Libro para o sábado 28 e domingo 29 de abril

Comeza a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do sábado 28 e domingo 29 de abril son as seguintes:

* Sábado 28:
13:00 h. Inauguración oficial, coa participación da Asociación do Traxe Galego, e pregón inaugural a cargo de Víctor F. Freixanes.
20:00 h. Presentación do libro Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, publicado en Galaxia. Xunto coa autora, participan no acto Víctor F. Freixanes e María Xesús Nogueira.

* Domingo 29:
18:00 h. Obradoiro de narración oral e contacontos a cargo do narrador senegalés Boniface Ofogo. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro O león Kandinga, publicado por Kalandraka Editora.
19:00 h. O renacer da literatura fantástica en galego: Urco editora e Contos estraños editora. Presentación das novidades das dúas editoras.

A Coruña: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo

O luns 30 de abril, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3) da Coruña, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora. No acto, acompañando á autora, participa Manuel L. Rodrigues, e estará seguido dun recital poético.

Vigo: presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega

O venres 27 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Dark butterfly, de Rexina Vega, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Paz Raña Lama, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez, Begoña R. Outeiro, Manuel Bragado e Lucia Riveiros Vázquez.

Noia: entrega do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal

O sábado 28 de abril, ás 13:00 horas, na Igrexa de Santa María a Nova (Carreiriña do Escultor Ferreiro s/n) de Noia, terá lugar o acto de entrega do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal correspondente ao ano 2011. Presentarase a publicación do traballo gañador, A nobreza na lírica medieval galego-portuguesa, de Antonio Rey Somoza, acto en que o autor estará acompañado polo académico Henrique Monteagudo, presidente do xurado e os demais membros: Pedro García Vidal, Clodio González Pérez, Xerardo Agrafoxo e Marcos F. Ferreiro.