
(Sábado 9 de setembro, ás 19:45, na Praza da Calzada, en Pontedeume)
Arquivo da categoría: Recitais
Terra Cha: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María
Terra Chá: 8 de setembro: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María
Salvaterra: XXXI Festival de Poesia no Condado
A
Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza o XXXI Festival da Poesia, que este ano está dedicado ao río Miño. Dentro do seu programa destacamos os seguintes actos literarios:
Venres 1
– 21:00 h. Noite nas Minas. Fran Alonso. Recital poético previo ao concerto de Branta. Esta é a única actividade de pagamento do festival; as entradas custan 10 euros (8 para pessoas desempregadas) e poden reservarse chamando ao 605676572 ou no correo info@scdcondado.org.
Sábado 2
– 13:30 h. Sessom Vermute, con Leo i Arremecághona, Marga Tojo e Vítor Vaqueiro.
– 19:00 h. Poesia. Abordagem poética: Comando Esbardalle e Catarina Fernandes.
– 20:30 h. Poesia & Música. Presenta Isabel Risco.
Recitan: Charo Lopes, Francisco Xosé Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Rebeca Baceiredo, Lorena Conde e Marilar Aleixandre.
Música: De Outra Margem, Esposa, Os Diplomáticos de Monte Alto e Sacha Na Horta.
A Coruña: recital con motivo da presentación de Migrant Shores: Irish, Moroccan and Galician Poetry
O
sábado 2 de setembro, a partir das 10:30 h., no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Coruña, no seo do Congreso Internacional Efacis Conference “Translocation Pathways in Irish Studies, organizado pola Universidade da Coruña, terá lugar un recital coa participación de Chus Pato, Marilar Aleixandre, Baldo Ramos, Keith Payne, Su Garrido Pombo e Manuela Palacios-González, con motivo da presentación de Migrant Shores: Irish, Moroccan and Galician Poetry.
Parada, O Courel: III Festival dos Eidos
A Coruña: Libros a monte 2017
“O galego do exterior, protagonista dun recital en Ribadeo”
Desde Sermos Galiza:
“Dentro das actividades de verán dedicadas á historia, cultura e lingua da Comarca do Eo, a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a quinta feira, día 24, ás 19 h., un recital poético nas escaleiras do parque de San Francisco, en Ribadeo, en que o protagonista será o chamado galego exterior.
E é que a agrupación empraza as persoas participantes, que só terán que se apuntar a través deste enderezo de correo electrónico, a recitar poemas de escritoras e escritores da zona Eo-Navia, ou mesmo de León. “Queremos que poetas como Quique dos Roxíos, Héctor Acebo, Viqui Veiguela, Crisanto Veiguela Martins, Aurora García Rivas, Moisés Cima ou Xavier Frías Conde sexan tamén coñecidos na marxe esquerda do río Eo, e que todos e todas poidamos gozar coas súas composicións”, sinala a entidade que preside Dores Fernández Abel.
Aliás, algúns deses versos xa poden ser lidos estes días en varandas do centro da vila de Ribadeo, dentro da actividade Palabras no Balcón.”
Viveiro: actividades destacadas do martes 15 e mércores 16 na Feira do Libro
O
mércores 16 finaliza a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Martes 15
– 19:00 h. Recital de 13. Antoloxía da poesía galega próxima, publicada por Chan da Pólvora.
– 21:00 h. Presentación de Os nomes do terror, publicado por Sermos Galiza. No acto participan Xoán Ramón Ermida e Carlos Nuevo.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 7
O
luns 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:00 h. Presentación do monográfico Aprendendo con videoxogos da Revista Galega de Educación. Participan Silvia López e Jesús Rodríguez.
– 13:00 h. Presentación de A invención dun deus. Xesús de Nazaret I. De predicador a Mesías, de Xulio López Valcárcel, publicado por Laiovento. Participan no acto, xunto ao autor, Carlos Ramos e Xavier Alcalá.
– 18:00 h. María Xosé Lamas asina exemplares de Sonetos preposicionais, publicado por Alvarellos.
– 18:30 h. Presentación de No seu despregar, publicado por Apiario. Acompañando á editora Dores Tembrás estarán *s poetas Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial e Celia Parra. Terá lugar unha conversa e o recitado de poemas.
– 19:45 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, publicada por Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Ángel de la Cruz e Carlos Lema.
– 20:15 h. Sinatura de Vanesa Santiago, autora de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, na caseta da Editorial Galaxia.
– 21:15 h. Presentación da revista Olga. Participan Lidia López Teixeiro, Rafa Yáñez, Manuel Pereira Valcárcel e Vicente Araguas.





