Dende
a Editorial Galaxia infórmannos que se está a organizar unha Homenaxe Poética á nosa compañeira e Socia de Honra, recentemente finada, María do Carme Kruckenberg, no marco dos actos da Feira do Libro de Vigo, concretamente o vindeiro 7 de xullo ás 20:30 h. O acto consistirá na lectura dun texto da autora que cada participante pode libremente escoller.
Para poder organizar as intervencións, agradécese que quen queira participar envíe un correo electrónico a galaxia@editorialgalaxia.com
Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: actividades literarias de Cultura que une para o sábado 13 de xuño
O
sábado 13 de xuño, na Coruña, finalizan as actividades de Cultura que une, coas seguintes actividades literarias para este día:
– 18:00 h. Encontro na Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) de poetas, con Alfredo Ferreiro, Amadeu Baptista, Carlos Da Aira, João Madureira, Ramiro Torres, Virgínia do Carmo e Yolanda Castaño.
Compostela: presentación e recital poético de Bazar de traidores, de Elías Portela
A Coruña: actividades literarias de Cultura que une para a cuarta feira 10 de xuño
O
mércores 10 de xuño, na Coruña, continúan as actividades de Cultura que une, coas seguintes actividades literarias para este día:
– 19:30 h. Recital de poesía de clásicos galegos-portugueses no Xardín de San Carlos.
– 20:30 h. Mesa redonda na Real Academia Galega: As relacións intelectuais entre Galiza e Norte de Portugal, coa participación de
– Norberto Cunha: “Galiza na historiografia portuguesa”.
– Paulo Vieira de Castro: “A Sociedade Martins Sarmento”.
– Paulo Samuel: “Teixeira de Pascoaes, a Renascença Portuguesa e a Galiza”.
– Gaspar Martins Pereira: “A importancia dos galegos no Douro”.
– Carlos Pazos: “Imaxe da Galiza e os galegos no Portugal contemporáneo”.
Preside o acto Xesús Alonso Montero, Presidente da R.A.G.
Desde ese mesmo día pódese visitar, no I. E. S. Menéndez Pidal, “Zalaeta”, a exposición Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco.
Allariz: recital de Rati Saxena
Ferrol: recital poético do libro inédito de Manuel Rivas, Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio
A Coruña: recital de Helena Villar e Rati Saxena no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 8 de xuño
O
luns
8 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Helena Villar e Rati Saxena. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xuño 2015.



Actividades en Amarante os 30 e 31 de maio
