Arquivo da categoría: Recitais
Vigo: presentación e recital de Lúa Plenur, de Alfonso Rodríguez
A Coruña: Aldaolado, Sempre en Ibiza
Pontedeume: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
O
xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Praza do Convento, 2), preséntase A distancia do tambor, de Eva Veiga, publicado por Espiral Maior. No acto participan, xunto á autora, Nicolás Vidal e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá tamén unha actuación do Grupo Ouriol, cos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á voz de Eva Veiga.
A Coruña: recital de Paulino Vázquez e Samira Negrouche no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns 19 de
xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Paulino Vázquez e Samira Negrouche. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xaneiro 2015.
Ourense: Sempre en Ibiza, con María Lado e Lucía Aldao
Madrid: recital poético con Xavier Frías Conde, Entre amigos
Compostela: Implícate 2015, Noite de Música e Palabra Solidaria
Vigo: presentación do Colectivo Perverso
Compostela: presentación de Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro Con barqueira e remador, con Isaac Xubín e Yolanda Castaño
O
luns 22 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro de poesía internacional contemporánea en tradución ao galego Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro de Tradución Poética Con barqueira e remador, que tivo lugar na Illa de San Simón, en outubro de 2013, obra publicada pola Deputación de Pontevedra. O acto contará coa presenza do tradutor ao galego, Isaac Xubín, e Yolanda Castaño (coodinadora do Obradoiro Internacional de Tradución Poética), quen manterán unha conversa arredor do libro e lerán varios poemas do mesmo.






