Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: recital de Luz Campello e Arian Leka no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda feira 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga), na Coruña, continúa o Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Luz Campello e o poeta albanés Arian Leka. O acto será aberto e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa. Ademais, Florian Vlashi fará un pequeno acompañamento ao violín deste recital.
A Coruña: Un día con Rosalía, o sábado 23 de outubro
Todas as actividades son abertas, ata completar capacidade, agás a visita guiada ao Arquivo Municipal e a visita nocturna ao teatro Rosalía que precisan de inscrición previa.
Nova York: recital The Bilingual Poetry Readings Series coa participación de Eva Veiga
A ligazón de Zoom é:
montclair.zoom.us/j/81056313996<https://urldefense.com/v3/_
X Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador
A Coruña: encontro poético Afinidades electivas, con Xavier Seoane e Antonio Colinas
O 21 de outubro, ás 19:30 horas, na Librería Lume (Rúa Fernando Macías, 3, baixo), na Coruña, terá lugar un encontro poético entre Xavier Seoane e Antonio Colinas, dentro do programa Afinidades electivas, promovido polo Ministerio de Cultura. As persoas interesadas deberán reservar previamente no correo electrónico librerialume@mundo-r.com
No marco deste acto, preséntase o libro Catorce retratos de muller, de Antonio Colinas, traducido ao galego por Luciano Rodríguez, con portada de Isabel Pintado, publicado por Medulia.