A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo. Roteiro A cidade sobre o espello do mar e do vento, con María Casar

Luísa Villalta e as chaves do tempo é unha actividade organizada pola AELG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración de Monty4, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.

As chaves do tempo quere ser un espazo de re-encontro multidisciplinar co verso, coa prosa, co diálogo atemporal, mais en presente continuo, coa poeta coruñesa Luísa Villalta. Porque queremos ler a Cidade Alta tatuada nos ollos da poeta que máis se representou nela.

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO DE 2017
12:00 h.
A CIDADE SOBRE O ESPELLO DO MAR E DO VENTO, CON MARÍA CASAR
A inscrición previa, necesaria e gratuíta, farase en oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, en horario de 09:00 a 14:30 horas, de luns a venres.

Un percorrido polos espazos da cidade da Coruña que Luisa Villalta poetizou nos libros En Concreto e Papagaio ofrécenos a fusión entre poesía e paisaxe que sinala o territorio como xerme da creación. A cidade do vento e do mar que se sabe sempre aí, medrando en ondas que mollan os ollos e lamben as xanelas, faise palabra e debúxase no vento en ceos poboados de nubes. A poeta re-constrúe a Cidade como lugar mítico, actualizando a súa inclusión no inventario dos TERRITORIOS literarios do noso país.
María Casar. Licenciada en Filoloxia Hispánica e en Humanidades. Presidenta da A.C. Ergueitos de Sarria e organizadora dende o ano 2000 do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Coordinadora dos roteiros Fiz Vergara na Xabreira por Santalla de Lóuzara, Sons de Mulleres na cidade de Vigo para Mulheres Nacionalistas Galegas e a concellaría de Igualdade e o roteiro Luisa Villalta na Coruña.

Plano do roteiro:
1. Xardíns Méndez Núñez. Estatua Pardo Bazán.
2. Obelisco.
3. Porta de Ares.
4. Pazo Municipal.
5. Papagaio.
6. Asilo rúa Adelaida Muro. Campo de Marte.
7. Cemiterio de San Amaro.

Vilalba: Paseo dos Soños, para Mini e Mero, o sábado 18 de novembro

Cuntis: actividades arredor do Outono da memoria, 2017

Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Xabier P. DoCampo

Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 4 de novembro, con Xabier P. DoCampo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Paseo pola Coruña Literaria con Xabier P. DoCampo, o sábado 4 de novembro (prazas esgotadas)

Os Paseos pola Coruña literaria – Outono 2017 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias escritoras e escritores que ambientaron obras na cidade.

Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
O prazo de inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, para este paseo comeza o luns 23 de outubro.
Farase, a partir desa data indicada, na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.

4 de novembro, de 12:00 a 13:30 h. Con Xabier P. DoCampo. Lembro cando, nos últimos anos cincuenta do século pasado, había na Coruña dezasete salas de cinema abertas. Dese xeito, o cinema chegaba a todos os barrios da cidade, cousa importante dado que era o único espectáculo que nos abría unha fiestra ao mundo exterior nun panorama de illamento cultural. A intención do roteiro é a de percorrer os lugares onde estaban aquelas salas, en especial as do centro, que eran as de estrea, aínda que falaremos tamén das outras, as de reestrea ou populares. E falaremos moito do que significaba o cinema, de como eran as salas, o público…

Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria sobre Agustín Fernández Paz, con María Jesús Fernández

Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 21 de outubro, sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Paseo pola Coruña Literaria sobre Agustín Fernández Paz, con María Jesús Fernández, o sábado 21 de outubro

Os Paseos pola Coruña literaria – Outono 2017 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias escritoras e escritores que ambientaron obras na cidade.

Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
O prazo de inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, para este paseo comeza o luns 9 de outubro.
Farase, a partir desa data indicada, na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.

21 de outubro, de 12:00 a 13:30 h. Paseo sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández. Quixera que fosen as palabras do propio Agustín Fernández Paz as que desen xusto sentido a este percorrido polos escenarios da novela A viaxe de Gagarin, derradeira que o querido e lembrado escritor e amigo dedicou ao público lector adulto. Dicía Agustín nun texto que escribiu no mes de novembro de 2015 para recibir o Premio da Crítica de Creación Literaria dese ano, e que eu tiven a honra de ler no seu nome: «… A Viaxe de Gagarin, como toda historia que pretende ser universal, afonda as súas raíces nun territorio moi concreto: a cidade da Coruña, na década dos sesenta… … A viaxe de Gagarin é, dalgún xeito, un libro xeracional: un repaso á España, á Galicia, dunha amarga etapa da ditadura de Franco, desde finais dos cincuenta ata a morte do ditador. Unha etapa da que, aínda hoxe, as ondas do que nela sucedeu chegan ata nós…».