Programa do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os: Propostas de diálogo en tempos mestizos, o sábado 8 de novembro

O1414582098758bannerwebaelg VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os terá lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
A entrada de balde até completar aforo.
Acceda aquí á sección Palabra Audiovisual, na que están os vídeos achegados por diversos creadores/as.
O ano 1996 a AELG botou a andar os Encontros de Escritores/as Novos/as, experimentando diversos formatos en cada edición. Nesta oitava, o lema é Propostas de diálogo en tempos mestizos.

O programa é o seguinte:
11:00-12:00 h. Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década. Rosalía Fernández e Roi Vidal. Coordina: Vanesa Sotelo.
12:00-12:30 h. Coloquio.
12:30-13.30 h. As outras. Os outros. Berta Dávila e Samuel Solleiro. Coordina: Mario Regueira.
13:30-14:00 h. Coloquio.
16:00-17:00 h. Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos. Samuel L. Paris. Coordina: Gonzalo Hermo.
17:00-17.30 h. Coloquio.
18:00 h. Recital. Berta Dávila | Mario Regueira | Gonzalo Hermo | Rosalía Fernández Rial | Samuel L. Paris. Presenta: Alicia Fernández.
19:00 h. Videoproxeccións: palabra audiovisual.
20:00 h. Concerto das Ataque Escampe.

2014 Programa Escritoras-es Novas-os 12014 Programa Escritoras-es Novas-os 2

Lugo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá

OAfonso Becerra venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, que estará a cargo de Ana Carreira Varela, representarase o espectáculo Womanizer, dirixido por Rubén Pérez Pombo, coa actuación de María Grandío e Brian Rodríguez Costas.

Afonso Becerra: “O teatro, ou é revolucionario, ou non é. Outra cousa é que consiga o que pretende”

EntrevistaAfonso Becerra de Montse Dopico a Afonso Becerra en Praza:
“(…) – Praza (P): “A min máncame ter que empregar o íntimo como contestación social”, dise nun dos textos [Textículos dramáticos e posdramáticos]. E ten bastante que ver co sentido de todo o libro…
– Afonso Becerra (AB): Non é que o libro sexa só iso, pero detrás del si hai esa intención xeral. Ten que ver con que as verdadeiras revolucións teñen que ver coa xente de a pé, coas revolucións micropolíticas que poden acabar salpicando o social. Este é un libro sobre o común. E cando pos o foco sobre o común pode transformarse, mostrarse como algo extraordinario. Nun encontro que pode ser casual atopas elementos fundamentais na relación entre as persoas, que é o que ao final é política: a maneira en que nos relacionamos con nós mesmos e respecto dos demais. (…)
– P: Este libro é como unha segunda parte de Dramatículas (Laiovento, 2010). Con el reivindicas que brevidade da letra, do texto, non é a brevidade teatral, porque a brevidade pode medrar en múltiples accións escénicas. Por que?
– Afonso Becerra (AB): Xa desde o título, Textículos dramáticos e posdramáticos, se fai referencia ao que é. O texto non é o centralizador da acción escénica, non centraliza o sentido do espectáculo. Son textos que bucan ser lidos, estar na mente do lector, pero o que máis desexan é subir a un escenario de teatro. Nas pezas de teatro posdramático, que son ‘Oxitocina’, ‘Teoría e práctica da discreción’, ‘É un dicir’, ‘Ti e un té’, o texto non centraliza o sentido, senón que é un material máis a integrarse na coreografía, a iluminación, a música, os obxectos… ‘Oxitocina’, por exemplo, imaxínoa como unha peza de danza, co texto por exemplo proxectado ou dito cunha voz en off. Neste tipo de textos a lóxica que funciona é máis asociativa que causal. E isto é outra cousa que na dramaturxia galega boto en falta. Eu fíxeno en ‘Crioxénese’, que é un texto que pasou desapercibido. Se te fixas, o teatro posdramático está marxinado nas programacións. O que se programa son pezas con historia e personaxes. Hai programadores que pensan que o espectador galego é parvo, que non vai entender unha peza posdramática. E iso non ten sentido. O teatro ten que vibrarte. Para contar historias é mellor o cine ou a novela. O teatro é empatía, comunicación enerxética, como dicía Artaud. De teatro posdramático falo tamén no último dos textos, ‘É un dicir’, que é teatro da teoría, como xa o era o último de Dramatículas. É un xeito de teatralizar a teoría. (…)”

Crónica videográfica do IX Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, Como escribir o futuro?, Teatro

ACartelENU2014-72ppp Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, achegaron á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre este tema, alén de nos daren un panorama subxectivo de como ven a situación de cadanseu xénero na actualidade.
O IX Ciclo de mesas redondas Escritoræs na Universidade: Como escribir o futuro? finalizou en Vigo o 8 de outubro co protagonismo do Teatro, co seguinte programa: Contar ao carón da lareira en tempos dixitais. Existen novas linguaxes na oralidade? Con Celso Fernández Sanmartín e Paula Carballeira.

Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
Presentación da mesa redonda de Teatro.
Mesa de Teatro: Primeira intervención de Paula Carballeira.
Mesa de Teatro: Intervención de Celso Fernández Sanmartín.
Mesa de Teatro: Segunda intervención de Paula Carballeira.
Mesa de Teatro: Coloquio.

Quiosco: Revista Galega de Teatro, número 80

DesdeRGT 80 Cultura Galega:
Os “Amores prohibidos 2.0”. Unha obra de teatro creada especificamente para Internet, de Xesús Ron, ou Teatro e Adolescencia no LXVIII Festival d’Avignon, de Afonso Becerra de Becerreá son algúns dos contidos do número 80, correspondente ao outono, da Revista Galega de Teatro.”

Compostela: lectura dramatizada de Somnámbulos, de Suso de Toro

OSuso de Toro Somnámbulos luns 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Afundación (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Santiago, participa, xunto ao autor, o actor Federico Pérez.

Das filhas bravas ou das cantigas acendidas, por Susana Sánchez Arins

ArtigoSusana Sánchez Arins de Susana Sánchez Arins desde a Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“(…) E uma tarde do mês de julho assomou, na eira de Solheiros, no Esteiro de Muros, cantada polas filhas bravas de Chévere. Porém já não era um canto alegre e dançável, já não se aparecia como engenhosa sedução mas como luita calada entre forças desiguais. Porque As Filhas Bravas decidirom que fazia parte duma regueifa entre um abusador sexual e a sua vítima, mulher à que quiçás não lhe reste mais que o seu engenho literário para se defender, ou, quando menos, para deixar pegada da agressão. A regueifa resultou seca, brutal, e foi acompanhada com um duro silêncio polas mesmas espectadoras que segundos antes riavamos a cachão. Quantas dessas espectadoras não se sentiriam identificadas com a voz feminina que se defende como pode? Não sei, porém em mim esse silêncio na eira ainda ecoa.
Essa é a força do novo espectáculo de Chévere, a mudança (ou a inclusão, melhor) do foco no tratamento das cantigas tradicionais, contextualizadas desde uma perspectiva de gênero. As ventureiras protagonistas, filhas das silveiras, definem-se como mulheres livres, donas de si e da própria sexualidade e convidam às presentes a conhecer toda a simbologia que oculta, ou desvenda para quem saiba interpretar, o cancioneiro tradicional. A obra está dividida em três partes, nas que as protagonistas fam um recorrido por jotas e moinheiras, maneos e regueifas dando sentido aos elementos sexuais latentes nos versos, cantigas de tom acendido, esclarecidas com grande humor polas três marias que presidem o cenário. E não descrevem uma sexualidade capada para fazê-la acesível a qualquer público, mas uma sexualidade aberta e impúdica e, sobre todo, gozosa e autónoma. (…)”