A resposta á laudatio pode descargarse aquí, ou ben ser lido a continuación:
Arquivo da categoría: Teatro
Homenaxe O Escritor na súa Terra a Euloxio R. Ruibal: discurso do autor na descuberta do monólito e plantación da abeleira
Homenaxe O Escritor na súa Terra a Euloxio R. Ruibal: Laudatio, por Inma López Silva
Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2024, dedicada a Euloxio R. Ruibal (II)
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXX edición, recaendo na figura de Euloxio R. Ruibal, que será homenaxeado en Santiago de Compostela o 15 de xuño de 2024.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha abeleira, árbore simbólica elixida polo propio autor, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, CEDRO e Xunta de Galicia.
Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:
Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2024, dedicada a Euloxio R. Ruibal (I)

Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Paula Carballeira
Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela con Paula Carballeira, celebrado o pasado 12 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Compostela: presentación de Ubasute, de Paula Carballeira
Lugo: presentación de Ubasute, de Paula Carballeira
A Coruña: Fragmentos teatrais de Luísa Villalta
“O 18 de xuño, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo de teatro Alexandre Bóveda presentará Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.
Súmase así o grupo teatral á ben merecida homenaxe a Luísa Villalta, á que consideramos unha excelente dramaturga. Partindo da Obra dramática completa editada no 2018 pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, escollemos escenas de catro das súas obras: O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia, para facer unha lectura dramatizada onde intérpretes actúan co texto na man seguindo a posta en escena dirixida pola directora do grupo, Manuela Varela.
As persoas interesadas en asistir á lectura poden inscribirse aquí.”