Desde o Portal Galego da Língua:
“Continuando a “tradição” desde que o certame foi aberto a galegos e africanos, Igor Lugris e Pedro Casteleiro estão entre os 8 finalistas do certame literário Glória de Sant’Anna 2016. O autor ganhador será anunciado próximo 11 de maio.
Igor Lugris é um dos finalistas com a sua última obra, Curso de Linguística Geral, publicada no passado mês de janeiro pola Através Editora. Comparte candidatura com o também galego Pedro Casteleiro com a obra Sefer Sefarad, publicada por Azeta Edicións.
A notícia chega um ano depois de Mário Herrero ter ganhado o certame de 2015 com a obra Da vida conclusa, editada por O Figurante Edicións. (…)”
Santiago de Compostela, cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires
Desde o
Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A próxima semana comeza unha nova edición da Feira do Libro de Bos Aires, unha edición na que este ano Santiago é a cidade convidada e contará cunha importante presenza galega. Arredor de 30 autores e autoras representarán na capital arxentina a literatura do noso país.
Zigzag fala sobre esta invitación co escritor Xavier Queipo e o editor Henrique Alvarellos.”
Ferrol: actos destacados na IX Semana da Poesía Salvaxe
Do 13 ao 16 de abril terá lugar en Ferrol a IX Semana da Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Venres 15:
– 12:30 h. No Mercado de Recimil, poemas de Lucía Aldao e María Lado. A continuación Silvia Penas e Dores Tembrás.
– 17:00 h. Na Lancha da Ría, recitarán Dores Tembrás e Silvia Penas, coa música de Miguel Neira.
– 22:30 h. No Manchita Cosa, entre outr@s, Serxio García e Leo Arremecághona, Dores Tembrás e Silvia Penas.
Sábado 16
– 13:00 h. Sesión Vermouth no Bar Cazadores, Manuel Rivas, precedido por Manolo Bacalhao e Cabe García.
Bueu: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
Ourense: presentación de O enigma de Caronte, de Carlos Vila Sexto
Vigo: presentación de Os fillos da fame, de Ismael Ramos
O venres 15 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, preséntase Os fillos da fame, de Ismael Ramos, publicado por Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor, Malores Villanueva e Fran Alonso.