A Coruña: entrega do XIII Premio de Poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello

OMiguel Anxo Fernán-Vello venres 20 de maio, ás 19:30 horas, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), entrégase o XIII Premio de poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello, pola obra Duración da penumbra, presentada baixo o lema «Sombra do aire».
Confirmación de asistencia a través deste formulario de inscrición ou no teléfono 981 185 060. O premio, convocado polo Centro PEN de Galicia, conta co patrocinio de Afundación e a Xunta de Galicia.

Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 20

OFeira do Libro de Lugo 2016 venres 20 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

17:30 h. Presentación do libro A música das árbores, a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro, con actuación musical.
19:00 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Xunto ao autor participan Francisco Legaspi e Belén López Vázquez.
20:00 h. Presentación de Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, publicado por Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
21:00 h. Os outros feirantes, evento nocturno na Feira, onde participan Lois Pérez, Esther Carrodeguas, o mago David Méndez, e música de Zercalo.

A Coruña: conferencia “Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María, por Manuel López Foxo

OManuel María xoves 19 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, Manuel López Foxo, especialista na obra de Manuel María, impartirá a conferencia Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María. A entrada será libre para o público interesado.

Arcadio López Casanova é recoñecido co Premio Otero Pedrayo

DesdeArcadio López Casanova Cultura Galega:
“O escritor lucense Arcadio López Casanova foi galardoado co Premio Otero Pedrayo en recoñecemento á súa carreira literaria. O galardón que entregan anualmente a Xunta, a Real Academia, as catro deputacións, as universidades e mais o Instituto Padre Sarmiento está dotado con 30.000 euros e quere recoñecer a persoas e institucións que fan unha contribución eminente á cultura do país e aos seus valores. A Deputación de Lugo, que corría este ano coa organización do galardón, foi quen fixo público o acordo do xurado.”

A Coruña: acto literario e musical no Centenario da fundación das Irmandades da Fala

Centenario_Irmandades_da_Fala

Pontedeume: presentación de Tártarus, de Antonio Manuel Fraga

OAntonio Manuel Fraga xoves 19 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais. No acto, organizado polo Concello de Pontedeume, participa, xunto ao autor, Antonio Seijas.