Convocatoria de textos literarios éditos ou inéditos para o Pico Sacro

“Santiago de CompostelaPicoSacro, 30 de marzo de 2016

Estimada/o amiga/o:

A través deste escrito convídamoste a participar nun proxecto editorial que xorde por iniciativa da Asociación Cultural “Mestre Manuel Gacio” (http://www.aaccmestremanuelgacio.gal/) e que coordinamos os escritores Xosé Manuel Lobato, presidente da entidade, e Miro Villar.

O noso obxectivo vai ser a publicación dunha antoloxía literaria, cuxos beneficios económicos (se os houber) serán integramente destinados ás campañas da devandita entidade para a divulgación do patrimonio do Pico Sacro.

A achega de cada escritor/a será un texto literario (poema ou relato) xa publicado ou orixinal e inédito que mencione ou se inspire no Pico Sacro. Se se tratar dunha novela débese extractar un fragmento significativo.

Xa temos compilado algúns textos literarios, mais cómpre agrandarmos o volume para crearmos unha obra importante na cantidade e na calidade textual.

A extensión e a forma dos textos ten absoluta liberdade, porén recomendamos que a colaboración non exceda da páxina nas narracións e dos 100 versos nos poemas e a poder ser escritos en caracteres Times New Roman a tamaño 12.

E cada autor/a debe ceder todos os dereitos de reprodución do texto literario para esta edición, o que non será impedimento para que poida dispoñer do texto da súa autoría para o publicar noutro libro propio ou colectivo.

A fin de irmos organizando todo o material que integrará o volume, cómpre que nos fagas chegar, o antes que che sexa posíbel, a túa creación. Se desexas participar neste proxecto, o prazo de envío remata o vindeiro 30 de xuño.

Os textos literarios (publicados ou orixinais e inéditos) deben enviarse a calquera destes dous enderezos:

codinaenxebre@gmail.com

ou

mirovillar@gmail.com

Adiantando a nosa gratitude por colaborares nesta antoloxía, recibe unha aperta atlántica.

Xosé Manuel Lobato e Miro Villar (coordinadores)”

(Fotografía tirada do sitio web da A. C. Mestre Manuel Gacio)

A Coruña: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas, e da Antoloxía poética de Manuel María (edición de Darío Xohán Cabana)

TARXETA_PRESENTACI_N_2_LIBROS_DE_MANUEL_MAR_A-_MOI

A Coruña: presentación de A Galicia urbana, coordinado por Rubén Lois e Daniel Pino

OA Galicia urbana martes 5 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio da Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco 27), na Coruña, terá lugar a presentación do libro A Galicia urbana, publicado por Xerais, do que son coordinadores Rubén Lois e Daniel Pino. No acto participarán, xunto aos coordinadores, Xurxo Souto, Manuel Bragado e Xulio Ferreiro.

Este sábado 2 de abril, Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito

ASección de Literatura de Tradición Oral AELG Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito, é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a Consellaría de Cultura e a colaboración do Concello de Mondoñedo.
A AELG propón visitar Mondoñedo cunha nova Polafía, que terá como tema central a figura de Manuela Rey. Nacida en Mondoñedo en 1842, esta actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis.
Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.

CartelPolafiaMondonhedo2016Aquí pode verse este artigo de Antonio Reigosa, Manuela Rey, a muller lirio. E nesta ligazón pode verse o vídeo pendurado no perfil de facebook do propio Antonio Reigosa.

Paseos pola Coruña Literaria 2016

Paseos pola Coruña Literaria 2016Unhabannerpaseoscorunha2016 iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña: Paseos pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
Desta vez, a inscrición vai ser independente en cada un dos paseos, sempre a partir das 9:00 horas, na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 a partir dos seguintes días:

  1. Manuel Rivas. A inscrición está aberta desde o xoves 17 de marzo.
  2. Estibaliz Espinosa. A inscrición abrirá o luns 11 de abril.
  3. Yolanda Castaño. A inscrición abrirá o luns 2 de maio.
  4. Pedro Feijoo. A inscrición abrirá o luns 30 de maio.

Manuel Rivas. Sábado 2 de abril. De 12:00 a 13:30 h.
Con inicio diante da libraría Lume e remate no adro da Igrexa de Santiago.
Temos que ir ao rescate da memoria e así a memoria virá rescatarnos, reactivar o noso presente.
A Cidade é un libro e ese libro contén moitos mundos.
O noso paseo literario será anfibio, polo visibel e invisíbel, co fondo da historia dramática da Cultura e a capacidade de re-existencia, da man de Os libros arden mal, O último día de Terranova e A boca da Terra.

Noia: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas

O Amadeo Cobassábado 2 de abril, ás 20:00 horas, no Liceo de Noia (Rúa Alameda, s/n), preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Ramón Carredano e Manuel Bragado.