O sábado 11 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf (Rúa do Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo Círculo Poético Aberto de Penúltimo Acto, onde pode participar o público interesado con poesía, música ou performance. No acto tamén se presentará o libro Almanaque. Um Fim do Mundo Qualquer, de Nolim González.
A Coruña: presentación de Lugo, a cidade dos tesouros encantados, de Lois Diéguez
Compostela: Serán de poesía con Eli Ríos e Silvia Penas, acompañadas por Ugia Pedreira
Compostela: Foliada das Letras 2014
Xurxo Souto: “Quixen atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte”
Entrevista a Xurxo Souto en Radiofusión:
“Con tanto mar como temos, é posible que vivamos de costas a el? É. “Non é un problema individual, é un problema estrutural: vivimos no Estado de Europa no que temos a capital máis lonxe da ribeira. Madrid está moi lonxe… Até Viena, un país central, está máis preto do mar”, reflexiona Xurxo Souto. Ao autor coruñés non lle foi preciso embarcar para o Gran Sol (“non tiña corpiño para iso”, chancea), para fascinarse con esa parte do noso país que é flotante, que viaxa nos barcos desafiando o mar. “Na vida social, na vida oficial, o mar non existe”, engade, até o punto de que agora “en todas as cidades as portas do porto están pechadas”. Por iso Souto quixo “abrir a orella ao mar” e comezou a preguntarlle aos mariñeiros por todo aquilo que non lle explicaban nas aulas, nos medios de comunicación. Así foi como puido “atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte”. Ese achado conforma as historias de Contos do mar de Irlanda, un volume editado por Xerais, e a obra de ficción máis vendida das letras galegas nos últimos meses e que este serán ofrece ao océano na Coruña. (…)”
A entrevista pódese escoitar aquí.
Entrevista a Nélida Piñón
Literarte: recoñecementos brasileiros á cultura galega
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e Frankfurt.
Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30 h., no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación, como son Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure, María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado, Ramón Nicolás, Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego, a Libraria Pedreira, a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. (…)
Pontevedra: Presentación de Ás voltas coa diversidade cultural
O venres 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), preséntase Ás voltas coa diversidade cultural. As conferencias de Claude Lévi-Strauss para a UNESCO, tradución publicada por Edicións da Curuxa. No acto, organizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), participan o coordinador do libro, o profesor da USC José M. Álvarez-Castro, e o presidente da SAGA, Rafael Quintía.
Cambre: Remol dun ar de Outono, recital de poesía e música
Lugo: Letra das Festas: Historias de tolos, chalados e traslidos, o mércores 8 de outubro
O mércores 8 de outubro, ás 18:00 horas, no Círculo de las Artes de Lugo (Praza Maior, 23), a Sección de Literatura Oral da AELG, co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, dentro do San Froilán 2014, terá lugar a Letra das Festas. Historias de tolos, chalados e traslidos, onde se recollerá a memoria de personaxes singulares de Lugo e arredores. A entrada é de balde.
Interveñen: Ángel Martínez Fernández de la Vega, Paco Nieto, Isidro Novo, Lourdes Abuíde, Lois Pérez e Marica Campo.
Música: Abraham Cupeiro e Héctor Barro.
Coordinan e presentan: Isidro Novo e Antonio Reigosa (Sección de Literatura Oral da AELG).