Ferrol: actos destacados do venres 24 na Feira do Libro

OFeira do Libro Ferrol 2015 venres 24 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:

18:00 h. Contacontos Os contos de Pablísimo, pola Biblioteca Municipal de Ferrol.
19:00 h. Xesús Constela presenta Apoteose das perchas, publicado por Embora. Participarán no acto, xunto ao autor, o xornalista Nicolás Vidal e o editor Miguel Toval.
20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu
libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.

A Coruña: presentación de Terra fría, de Miguel Mato

OMiguel Mato xoves 23 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Paco Souto, Suso Lista, César Morán e Alfonso Costa.

Entrevista a Quique Alvarellos

DesdeHenrique Alvarellos o Zig zag da Televisión de Galicia:
“Tino Santiago conversa co xornalista e escritor Quique Alvarellos, director da Editora Alvarellos, sobre os últimos premios conseguidos por este selo, entre eles, os concedidos pola Asociación Galega de Editores. A entrevista completa pode verse aquí.”

Vigo: presentación de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo

OFran P. Lorenzo venres 24 de abril, ás 20:00 horas, na JT Photogallery (Rúa Abeleira Menéndez, 13) de Vigo, preséntase Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, XXXII Premio Blanco Amor de novela, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Belén Regueira e Manuel Bragado.