O
xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.
A profesionalización afástase na literatura galega
Desde
Sermos Galiza (medio que tamén reproduce esta fotografía):
““A distancia, en especial, con respecto ao caso catalán é grande polo que atopar puntos de conexión é difícil”, sinala o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega á volta da xuntanza anual do Galeusca que desta volta se desenvolveu en Barcelona co tema da profesionalización como central dos debates.
No caso galego, Cesáreo Sánchez destacou das xuntanzas, nas que tamén participou a secretaria da asociación Mercedes Queixas xunto con Suso de Toro e Ledicia Costas, valorouse que a profesionalización é cada vez máis difícil no ámbito da literatura galega. “Os bos froitos da situación actual da literatura no nivel creativo -á altura de calquera literatura Europea- son resultado de vinte ou trinta anos dun proceso que se foi conseguindo mais que agora se está a derrubar. A consecuencia do retroceso da lingua galega no ensino conlevará unha perda de lectores que afectará tamén na produción literaria e editorial”, sinala o presidente da AELG. Comparte tamén a aclaración da avogada e escritora Ledicia Costas, que defendeu que o concepto de profesional non está, no noso caso, vinculado a vivir da escrita, o que practicamente non é posíbel, senón á propia consideración e dedicación profesional á literatura.
“En vinte anos haberá menos escritores, menos lectores e, polo tanto, menos posibilidades de profesionalización. Esta situación nosa contrasta cos avances en Euskadi e Catalunya”, destaca Cesáreo Sánchez Iglesias.”
A Coruña: presentación de Sabes que mamá quería ser bailarina, de Miguel Sande
O
mércores 8 de outubro, ás 19:30 horas, no estudio teatral Casahamlet da Coruña (rúa Afonso VII 11, baixo), preséntase Sabes que mamá quería ser bailarina, de Miguel Sande, publicado en Toxosoutos. No acto, a actriz Chus Álvarez vai dramatizar -a xeito de micropeza- a obra.
Betanzos: presentación de O labirinto da saudade, de Luís G. Soto
A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
mércores 8 de outubro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Manuel Rivas e Felipe Senén.
Entrevista a Rafael Lobelle, gañador do Premio de poesía Avelina Valladares con Andar ás póutegas
Nicomedes, o pelado, na lista The White Ravens 2014
O
álbum Nicomedes, o pelado, de Pinto & Chinto, vén de incorporarse á prestixiosa selección anual White Ravens 2014, realizada pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, da que só forman parte 200 títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en todo o mundo. O catálogo impreso das obras seleccionadas presentarase na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, o vindeiro 9 de outubro. Ademais, con motivo da próxima edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 30 de marzo ao 2 de abril de 2015, a Internationale Jugendbibliothek vai expoñer no seu stand todos os libros distinguidos.
O “gran drama” do galego dentro de 20 anos
Desde
Galicia Confidencial:
“”O gran drama do galego será dentro de 20 anos, cando os lectores que están a desaparecer neste momento sexan adultos porque se está rompendo a transmisión do galego aos máis novos”. Foi a seria advertencia que fixo o escritor Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Durante a súa participación esta fin de semana en Barcelona nun encontro da Federación Galeusca coa lema este 2014 A profesionalización do oficio de escribir e traducir, con quen acudiu acompañado polas escritoras Ledicia Costas ou Mercedes Queixas, Cesáreo Sánchez apostou pola transmisión desta lingua aos máis novos.
Tamén, por un apoio máis forte cara á industria cultural en alego.”A nosa necesidade de ter unha industria cultural máis sólida con máis apoio institucional é sobre todo que non diminúan os lectores, o uso do galego, os consumidores, como está a ocorrer coa literatura en galego”, advertiu.
Neste sentido, contrapuxo a situación de País Vasco ou Cataluña, cun aumento da poboación lectora debido a un maior uso do idioma, mentres que en Galicia os lectores infantís diminúen “dramaticamente” porque “o uso do galego no ensino diminúe pola lexislación actual”.
Diminúe o uso do galego, baixan os lectores, empobrécese a industria cultural e os escritores profesionais. É o proceso ao que se verá abocado o panorama literario en galego para o presidente da AELG, a pesar de que os galegos son os escritores de “máis éxito” no mundo editorial infantil e xuvenil”, dixo.
Sánchez Iglesias recoñece que esta lingua está moi ben situada actualmente en canto ao seu uso nas redes sociais, onde ocupa, segundo a Xunta, o posto número 26 do mundo, pero engade que “unha cousa é o que está a pasar cos escritores que teñen 30 anos e foron alumnos da normalización do galego, e outra a dos alumnos de agora que non teñen nin terán en 20 anos”, alertou.
Tamén incidiu nas dificultades dos escritores que decidiron escribir en galego. “Para que unha literatura sexa normal ten que haber cada vez máis escritores que dediquen máis tempo de maneira exclusiva á literatura, algo que a curto prazo en Galicia non é posible porque un escritor profesional vive de escribir, pero non necesariamente de escribir literatura”, dixo.
“Nós temos unha variable que é que non vivimos profesionalmente da literatura pero dedicámonos profesionalmente a ela, pois en Galicia os escritores teñen outras formas de acceso a un salario, como son as colaboracións xornalísticas ou as traducións”, sinalou.
Así, puntualizou que a súa subsistencia ten máis que ver coa industria editorial e, por iso, demandou un sector “sólido” que permita que “cada vez haxa máis espazos de profesionalización”.
Durante o encontro, a Federación Galeusca, integrada pola Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e Euskal Idazleen Elkartea (EIE), presentou o estudo CoNCA 36 propostas para a mellora da condición profesional no mundo da cultura.
Segundo o presidente da AELG, o 15 % dos escritores en Cataluña son profesionais e están dados de alta como tales, fronte aos “dous ou tres profesionais da literatura que hai en Galicia”.”
Tabela dos Libros de outubro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, velaquí está a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»
Taboleiro do libro galego (XXVI), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí as novidades editoriais en lingua galega máis vendidas ao longo do pasado mes de setembro. O meu agradecemento ás dez librarías que, nesta ocasión, puideron participar: Paz, Trama, Suévia, Miranda, Abrente, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar e Lila de Lilith.
NARRATIVA
1º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
2º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
3º-. A voz do vento, de Pemón Bouzas, Xerais.
4º-. Chovida do ceo, de Alfredo Conde, Edicións Xerais.
5º-. 55, de Xavier Queipo, Xerais.
6º-. O espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández, Galaxia.
7º-. A maleta de Victoria Kent, de Xerardo AgraFoxo, Galaxia.
POESÍA
1º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
2º-. dun lago escuro, Marta Dacosta, Xerais.
3º-. Río Alzhéimer, de Carlos Pereira, Alvarellos.
4º-. Anamnese, de Eli Ríos, Sotelo Blanco.
5º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Guía para o descenso enerxético, A. C. Véspera de nada.
2º-. A alternativa está aquí, de María Reimóndez, Xerais.
3º-. Bibliotecarias e bibliotecarios infames, de F. X. Redondo Abal, Laiovento.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
5º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
6º-. Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira, Edicións Xerais.
XUVENIL
1º-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
2º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais
3º-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, Xerais.
INFANTIL
1º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
2º-. Verdedades, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, Biblos.
3º-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, A Porta Verde / Nova Galicia Edicións.
4º-. O grúfalo, de Julia Donaldson, Patas de Peixe.
LIBROS CD-DVD
1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. Cantos animais, de Susa Herrera e María Noel Toledo.
4º-. Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. A causa do crime, de Tokio, Demo Editorial.

