Compostela: presentación de Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias
O
venres 19 de setembro, ás 20:30 horas, en Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Amaro, 10, baixo) de Santiago de Compostela,, preséntase o poemario Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto intervirán, ademais do autor, Paco Souto, Bieito Lobeira e Miguel Alonso. (A foto do autor é de François Davo).
Vigo: IX Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, Como escribir o futuro?
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, achegarán á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre este tema, alén de nos daren un panorama subxectivo de como ven a situación de cadanseu xénero na actualidade.
IX Ciclo de mesas redondas Escritoræs na Universidade
Como escribir o futuro?
17, 24 de setembro e 8 de outubro
De 13:00 a 14:30 h.
Salón de actos Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
Lagoas Marcosende, s/n (Campus Universitario)
17 de setembro – Narrativa
Ficción ou dicción? Como escribir unha verdadeira novela contemporánea?
Ledicia Costas e Manuel Portas.
O acto será aberto coas intervencións de Valentín García, Rexina Vega, Burghard Baltrusche e Marta García González.
24 de setembro – Poesía
E que faremos do lirismo? A pantasma da poesía dos oitenta.
Rosalía Fernández Rial e Samuel L. Paris.
8 de outubro – Teatro
Contar ao carón da lareira en tempos dixitais. Existen novas linguaxes na oralidade?
Celso Fernández Sanmartín e Paula Carballeira.
A Coruña: presentación de Anamnese, de Eli Ríos
Vigo: coloquio arredor de Maternosofía, de Inma López Silva
O
xoves 18 de setembro, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central, rúa Joaquín Yáñez, 6, 2º andar), terá lugar un coloquio-presentación arredor do libro Maternosofía, publicado por Galaxia, coa presenza da súa autora, Inma López Silva, acompañada por Mariana Fernández e Carlos Lema.
Madrid, 18-19 setembro 2014: Xornadas Internacionais UCM-UNED Literatura galega: identidade, alteridade e exilio, do 18 ao 19 de setembro
As
Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 Literatura galega: identidade, alteridade e exilio pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.
Os seus destinatarios son: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Está organizado pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), Centro de Estudos Galegos e a UNED, está dirixido por Carmen Mejía Ruiz (UCM) e Xavier Frías Conde (UNED). O comité científico está formado por Ana Acuña (Universidade de Vigo), Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega), Antonio Domínguez Rey (UNED), Alberto Gómez Bautista (Universidade de Aveiro), María Victoria Navas Sánchez-Élez (UCM), André Pociña López (Universidad de Extremadura), Eugenia Popeanga Chelaru (UCM) e Juan Miguel Ribera Llopis (UCM).
Pódese descargar o programa definitivo aquí.
Vigo: presentación de Manuel Antonio. Obra completa II, Poesía
O
xoves 18 de setembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Manuel Antonio. Obra completa, volume II: Poesía, publicado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto participan Xosé Luís Axeitos, editor literario desta obra, xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín e Diego Rodríguez González.
Radiocrítica do 08-09-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 8 de setembro en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira (I, 00:37), Da natureza de escritores, artistas e vermes, de José María Durán Medraño (I, 6:36), A distancia do tambor, de Eva Veiga (II, 00:32) e Diario de Pichük. O longo longobio de Longobia, de Manel Cráneo (II, 6:55).”
Pódense escoitar na versión orixinal aquí:
.
Xesús Fraga: “O rap é un xénero axeitado para contar a realidade”
Entrevista
a Xesús Fraga en La Voz de Galicia:
“Novo libro de Xesús Fraga (Londres, 1971). Trátase de Reo (Galaxia), co que gañou o premio Raíña Lupa de literatura xuvenil, e que protagoniza un grafiteiro de 17 anos.
– La Voz de Galicia: Por qué escolleu un grafiteiro para esta historia?
– Xesús Fraga: O graffiti é unha presenza constante nas nosas paisaxes urbanas, pero son moi poucos os que reparan nel, e os que o aprecian, aínda menos. Hai un gran descoñecemento sobre as motivacións dun grafiteiro, e axudar ao lector a descubrilo era unha das miñas intencións coa novela. (…)”
O Premio de Xornalismo Reimóndez Portela recae en José Manuel Bertolo e Luis M. Ferro
Desde El Correo Gallego:
“O xurado do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela emitíu o seu fallo, tras celebrar a reunión na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Nesta ocasión, os gañadores, elexidos por maioría, foron José Manuel Bértolo e Luis M. Ferro, por unha serie de catro artigos (Casa de Vilancosta. Berres, Casa e Capela dos Reimóndez Figueroa en Castrotión, Nas orixes de Rosalía de Castro e Novas aportacións á Torre de Guimarei), publicada en dous xornais.
O xurado, presidido pola xerente da fundación estradense, Mercedes Cuíña, estivo composto por Juan Manuel Constenla Carbón, Juan Andrés Fernández Castro, Victoria Reimóndez Sanmartín, María del Carmen Vieites Conde, e José Manuel Bouzas, que fixo as veces de secretario.”







