Ourense: actividades destacadas do venres 6 na Feira do Libro
O
venres 6 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:00 h. Charla coloquio de Xoán Doldán e Afonso Fernández sobre o libro Guía para o descenso enerxético, publicada pola Asociación Véspera de Nada, por unha Galiza sen Petróleo.
– 20:00 h. Presentación do libro Um pouco acima da miséria, de Amadeu Baptista, gañador do XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense.
– 20:00 h. O escritor e xornalista Pemón Bouzas asinará exemplares da súa novela A voz do vento, publicada en Xerais, e do resto da súa obra, na caseta da Libraría Pedreira.
– 21:00 h. Presentación do libro O sol do pasado, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Urco Editora.
Camariñas: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 6 de xuño, ás 19:30 horas, no Auditorio do Faro do Cabo Vilán (Camariñas), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, participa, xunto ao autor, Carmen Pérez.
Entrevista a Helena Villar Janeiro que fala do poemario Remontar o río
Compostela: presentación de Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas
O
venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez, José Antonio Solana (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia) e Víctor F. Freixanes.
Bueu: charla-debate con Teresa Moure arredor de Politicamente incorreta
Pontevedra: Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares
Ourense: recital músico-poético a cargo de Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro
O
venres 6 de xuño, ás 21:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro farán un recital músico-poético con versos de Xosé María Díaz Castro, así como outros de autores como Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Álvarez Blázquez e Rosalía de Castro. Desde Galaxia.
Celanova: No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Curros 2014
Cuestionario Proust: Andrea Nunes Brións
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Andrea Nunes Brións:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– A afectividade, seica.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A bondade, a xenerosidade, a autenticidade…
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que sexan realmente AMIZADES.
4.– A súa principal eiva?
– A inseguridade aprendida.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler boa poesía, cociñar, a fotografía…
6.– O seu ideal de felicidade?
– Unha praia, boa compañía, fartar a rir…
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Que este mundo non mude nunca e que as persoas que quero sufran.
8.– Que lle gustaría ser?
– mmmm…non sei… saxofonista, astronauta, marinheira, escultora…
9.– En que país desexaría vivir?
– Agora mesmo son emigrante forzosa, así que na Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– O verde e o lilás.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A margarida branca, simple e fermosa…, e se serve, tamén a herba de namorar.
12.– O paxaro que prefire?
– A andoriña (voa voa…vai e dime onde está).
13.– A súa devoción na prosa?
– Non sabería responder …
14.– E na poesía?
– Non sabería decidir…
15.– Un libro?
– Non por favor, moitos!
16.– Un heroe de ficción?
– Está difícil… O capitán planeta?
17.– Unha heroína?
– Pippi Calzaslargas
18.– A súa música favorita?
– A que me move e/ou conmove.
19.– Na pintura?
– Frida Kahlo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– As mulleres que loitan e loitaron e non foron visíbeis.
21.– O seu nome favorito?
– Maré.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– O machismo, a estupidez…
23.– O que máis odia?
– O patriarcado.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Ditadores en xeral.
25.– Un feito militar que admire?
– Non gosto dos feitos militares…, mais o da Revolución dos Cravos é o que máis se achega ao que eu gostaba que fixeran os militares.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Saber bailar.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Consciente e sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– A emoción.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que eu teño.
30.– Un lema na súa vida?
– Nunca choveu que non escampase.”







