A
cuarta feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións de Novagaliciabanco da Estrada, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes e Queremos Galego da Estrada.
A Coruña: presentación de Tastarabás, de Antón Cortizas
O
xoves 16 de maio, ás 19:00 horas, en El Corte Inglés de Marineda (no polígono de Agrela) da Coruña, preséntase Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Lugo: presentación de Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, de Afonso Becerra de Becerreá
O
xoves 16 de maio, ás 19:30 horas, Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4, Torres do Seminario Maior), preséntase o libro Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Previamente, de 17:00 a 19:00 horas, o autor asinará exemplares da obra na caseta da Libraría Biblos na Feira do Libro de Lugo.
Santiago: Concerto do Día das Letras
Cambre: Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, por Roberto Pascual
O
mércores 15 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións da Biblioteca de Cambre, terá lugar unha conferencia de Roberto Pascual (profesor e xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), baixo o título Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro.
Ames: actos conmemorativos do Día das Letras Galegas
Desde
Galicia Hoxe:
“O Concello de Ames ten preparado un acto literario-musical para o día anterior ao das Letras Galegas, o xoves 16 de maio. Neste acto actuará a Escola Municipal de Música de Ames e entregaranse os premios do X Certame Literario e do V Certame Intercentros Concello de Ames. O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro será o epicentro da celebración deste evento que comezará a partir das 20:00 horas. Tal e como se establecen nas bases hoxe publícanse os gañadores do Certame Literario Concello de Ames. Nesta edición o xurado encargado de elixir os premiados/as estivo composto pola escritora amesá, Mariña Pérez Rei, o investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Antonio López Silva, e o escritor e crítico literario, Armando Requeixo Cuba. (…)
Na terceira e última categoría de narrativa, dirixida ás persoas maiores de 18 anos, o primeiro posto foi para o compostelán Mario Caneiro Ameneiros coa peza Un bolso “chic”. (…)”
Santiago e Vigo: Tristecentos versos, o 16 e 18 de maio
Santiago: presentación das Obras completas de Roberto Vidal Bolaño, e proxección de Doentes
O tuiteiro Paulo Calvo gaña o concurso #rosaliasempreporque da Editorial Galaxia
Desde
Galaxia:
“Como anunciamos hai dez días, cando botamos a andar este novo concurso en twitter, hoxe, véspera do Día das Letras, habiamos dar a coñecer o nome do gañador ou gañadora do concurso en twitter no que se animaba aos tuiteiros e tuiteiras a explicar o por que da importancia de Rosalía para eles, para as súas vidas, para a nosa cultura…
Foron algo máis de duascentas as propostas. Logo de valoralas todas, inclinámonos polo chio de Paulo Calvo que di #rosaliasempreporque miña bisavoa levaba Cantares Gallegos cando ía ó monte coas vacas. (…)”



