Entrevista
a Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo, desde Xerais:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): Sorprende, de primeiras, que, para argallar unha ficción, parta Vde. dun debate político-ideolóxico real tan concreto como foi o do que facer que se plantexou no galeguismo nos anos 60. ¿Por qué esta elección?
– Xosé Ramón Pena (XRP): A idea inicial da novela [Como en Alxeria] naceu dunha serie de reportaxes que o Faro de Vigo me encargou sobre a figura do histórico galeguista Ramón Piñeiro. Daquela, a base de consultar todo tipo de documentación, batín no só coa “historia obxectiva” dos feitos, senón tamén con cartas, documentos e testemuñas persoais que, máis aló desa “historia oficial”, interesáronme moitísimo porque reflectían a parte humana e afectiva de todo o que se estaba a vivir naqueles anos. A partires da confluencia deses dous aspectos comecei a confeccionar o meu relato, un relato que, sen faltar á realidade e poñendo por diante todo o que atingue as emocións humanas, puidese ao mesmo tempo permitirme a licencia de inventar feitos e personaxes que só existen na miña imaxinación. (…)
– FdV: Queda claro que, agás o que atingue ao debate político, Como en Alxeria é unha ficción, pero como Vde. acaba de confesar que no seu traballo de documentación atopou moitas historias persoais ¿Esta novela tamén conta esas historias reais ou, cando menos, perfís persoais auténticos aínda que anónimos?
– XRP: Os personaxes de Como en Alxeria non son trasuntos de persoas reais, porque iso sería contar unha farsa. Agora ben, o que si é certo que tanto a ficción dos acontecementos como a ficción dos personaxes están construídas partindo de referentes reais porque ésta é unha novela realista e polo tanto precisa ter verosimilitude interna. De maneira que, xuntando o que lin co que me contaron, a documentación publicada coa inédita e as testemuñas privadas coas públicas, creei un feixe de personaxes que, si, teñen que ver con xente real, pero que están construídos con trazos da procedencia máis diversa. E o que pasa cos personaxes acontece do mesmo xeito coas cousas que conto na novela. (…)”.
Barcelona: conferencia de Iolanda Galanes sobre Tradución da literatura galega
Rianxo: recital-performance de Elías Portela
O
xoves 25 de outubro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal de Rianxo, o poeta Elías Portela realizará un recital-performance baseado no seu último libro publicado en galego, O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, publicado en Barbantesa. A entrada será de balde.
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG: “Non nos van derrotar a esperanza de que os galegos e as galegas gobernemos a nosa terra”
Entrevista
a Cesáreo Sánchez Iglesias en Sermos Galiza:
“- Sermos Galiza (SG): Cal é a súa valoración dos resultados?
– Cesáreo Sánchez (CS): Veñen momentos moi duros para a cultura e o idioma galegos. Agardamos que a pesar dos resultados ter a capacidade de manter o idioma e a cultura vivas. Non nos van a derrotar a esperanza de que os galegos e as galegas gobernemos a nosa terra.
– SG: Que supoñen para o sector da Cultura?
– CS: Dada a dinámica actual as repercusións son negativas. Seria sorprendente que se atendera doutro xeito a nosa actividade. Os escritores e as escritoras de Galiza saberemos estar a altura do que o país necesita. Non só reivindicando seguir sendo escritor@s en lingua galega. Agardamos que unha cultura milenaria como a nosa siga forte.”
Santiago: presentación de Tinta, de Inma López Silva
O
mércores 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Víctor F. Freixanes e Cándido Pazó.
María Reimóndez organiza un concurso en Twitter arredor a súa novela En vías de extinción
1. Organizadora
do sorteo: María Reimóndez.
2. Ámbito temporal do sorteo: dende o 15 de outubro ás 10 da mañá ata o 14 de novembro ás 15 horas.
3. Participantes do sorteo. Poderán participar todas as persoas que teñan unha conta en Twitter propia e sexan seguidoras/es da páxina de Twitter: @ViasDeExtincion (www.twitter.com/ViasDeExtincion).
4. Premio. A autora regalará dous libros seus –O club da calceta e Usha– ao tweet gañador, que será escollido por unha persoa entre o público que asista á presentación da novela En vías de extinción en Pontevedra. A man inocente escollerá o tweet de unha caixa na que se atoparán impresos individualmente todos os tweets.
O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación a petición do gañador ou cesión a terceiros.
5. Mecanismo do concurso: Os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases, contestando á pregunta feita (Que foi o que máis che gustou de En vías de extinción?) cun tweet acompañado do hashtag #paraGaia
A elección do tweet gañador levarase a cabo na presentación de En vías de extinción en Pontevedra o 15 de novembro.
O anuncio da/o gañadora farase público durante a propia presentación e publicarase tralo remate da presentación no Twitter e na páxina web www.enviasdextincion.net.
6. Comunicación da/o gañadora. O resultado do sorteo notificarase ao participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe directa para confirmar a aceptación do premio antes do luns 19 de novembro (ata as 15 horas), onde deberá especificar un correo electrónico onde contactala/o.
No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto.
7. Reservas e limitacións. Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade. A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera tweet que non cumpra os seguintes requisitos. Vostede afirma e garantiza, con respecto a cada tweet que envíe, que estes non mostran o seguinte: contigo ameazante, falso, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, non violan os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade, e non inclúen marcas comerciais de terceiros.
8. Protección de datos. Os datos persoais que vostede facilite para participar no sorteo usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases.
9. Aceptación e publicación das bases. A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.
Pontevedra: obradoiro de contacontos para familias de Amalia Pérez Otero
A Coruña: XVI Memorial de teatro Ibán Toxeiro
A
Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro mércores 24 de outubro terá lugar o XVI Memorial de teatro Ibán Toxeiro. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, con entrada gratuíta. Nesta ocasión terán lugar as seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda, cun fragmento da Ópera do patacón.
– Casa Hamlet, con dúas obras: Boznia e Poe.
– Caramuxo teatro, con E de maior quero ser….
– Teatro Proscrito, con Inverno occidental.
– Entrega do V Premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para Manuel Lourenzo polo seu labor en Casa Hamlet.
– Todo aderezado coa música en directo de Factoría.
Vigo: encontro con Francisco Castro
O
mércores 24 de outubro, ás 12:00 h., na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo celébrase o Día da Biblioteca cun encontro co escritor Francisco Castro, actividade dirixida aos Centros de Ensino.
Dieste por correspondencia
Aínda
que está recoñecido como un dos autores sobranceiros das nosas letras, especialmente no campo do teatro e do conto, Rafael Dieste foi tamén un agudo pensador e desenvolveu un destacado traballo de dinamización cultural. A pasada semana, a xornada María Zambrano-Rafael Dieste: o legado de dúas figuras insubornables afondaba nas perspectivas menos coñecidas deste autor a partir da súa relación epistolar coa coñecida filósofa. (…)
Para alén do pensamento, as cartas permiten coñecer, como non, visións máis íntimas do personaxe. (…) Axeitos di que nestes textos “poden atoparse moitas anécdotas. Alguna exemplifica como el era, por exemplo que el sempre quixo ter un piano na casa e practicar, aínda que moitas veces tiveron que o vender por problemas económicos. El fala do piano nas cartas como dunha persoas, das súas características. No entanto, nas cartas da súa muller é onde atopamos as referencias ao prezo do instrumento”. En xeral, para o arquiveiro da RAG, esta cartas “Danlle unha dimensión importantísima ao autor, e o epistolario no seu conxunto é un tremendo espazo de dignidade”.” Desde Cultura Galega.

