Entrevista a Manel Cráneo e Xavier Alcalá no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Cinza é unha versión gráfica da novela A nosa cinza que Xavier Alcalá publicara en 1980, unha das obras máis vendidas da literatura galega. O cómic está publicado por Demo Editorial, e ilustrado en branco e negro para buscar reflectir a sociedade da época. A entrevista pode verse aquí.
Pontevedra: presentación de Non apartes a mirada do espello, de Ticiana Ghiglione Darriba
A Coruña: presentación de Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada, de Javier María López Rodríguez
Vila Nova de Cerveira: recital poético con Marga Tojo e Samuel L. París, o 9 de marzo
Compostela: “Xornada Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras”
Compostela: presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
A Estrada: Parladoiro das Letras, con Paula Carballeira
Berta Dávila: “As feridas duns son o consolo doutros”
Entrevista a Berta Dávila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Expliqueille que era unha especie de herdanza. Que viña dun lugar por onde non pasaban nin a ilusión nin o desconcerto. E que a miña familia non saíra nunca del”. É un anaquiño de A ferida imaxinaria, a última novela de Berta Dávila que nos leva a un universo onde parecen flotar anacos de vidas. Unha especie de ilusión óptica na as personaxes se miran e non se ven. Un mundo de peixes laranxas, casas de cristal, anacos de azulexo, un ganso e ata unha eclipse. A entrevista pode verse aquí.”