No salón de actos do Consello da Cultura Galega, ´as 19:00 do 11 de setembro, terá lugar a presentación do poemario de Luís González Tosar Estúrdiga materia (Galaxia). Miguel Anxo Fernán-Vello, Helena Villar Janeiro, Román Raña, Victor Campio, Gonzalo Navaza e Miro Villar lerán os versos do poemario. Presentará o acto Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.
Silleda: homenaxe a Alonso Ríos
«O mestre, escritor e político Antón Alonso Ríos recibirá unha homenaxe nacional o 13 de setembro no lugar do seu nacemento, Camporrapado, na parroquia silledense de Cortegada. Alonso Ríos é unha das figuras máis salientables do galeguismo durante a Segunda República, foi perseguido tralo levantamento militar de 1936 e converteuse nun dos grandes protagonistas da Galiza no exilio desde Bos Aires. […]» (Consellaría de Cultura e Deportes)
Galiza acollerá en 2010 o Congreso Internacional de IBBY
«Galiza acollerá en 2010 o Congreso Internacional de IBBY, o maior acontecemento mundial da literatura infantil e xuvenil (LIX), que cada dous anos reúne a escritores e expertos de todo o mundo. Dentro de dous anos Santiago de Compostela será a sede do 32º congreso, que terá como tema “A forza das minorías”. A Consellaría de Cultura patrocina un evento que reforzará a proxección internacional do Centro IBBY para a Diversidade Cultural que abrirá as súas portas en 2009 na Biblioteca Nacional da Cidade da Cultura. […]» (Consellaría de Cultura e Deporte)
Alfredo Conde recibe Premio Civiltà delle Minoranza
Carlos Negro gaña o I Premio Vitoriano Taibo
XII Premio de Poesía Johan Carballeira
Até o 15 de novembro de 2008. (Vieiros)
III Encontro de Escritores/as Novos/as
Recordámosvos que segue aberto o prazo de solicitude de prazas para o III Encontro de Escritores/as Novos/as. Engadimos a esta mensaxe o Programa III Encontro de escritores/as novos/as.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da D. X. de Xuventude e Solidariedade, da Deputación da Coruña e da S. X. de Política Lingüística, está organizando para os días 26 e 27 de setembro o III Encontro de Escritores/as Novos/as, no Pazo de Mariñán.
Dáse así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002. Á volta de seis anos é tempo de que, co lema “Entre dous séculos”, teñamos ocasión de revisar a creación máis nova do noso sistema literario, concretamente a daqueles/as autores/as que comezaron a publicar desde os noventa até o día de hoxe.
A actividade está aberta a todos os asociados/as, aínda que vai enfocada especialmente aos/ás que veñen publicando desde os 90 até a actualidade, e que terán prioridade dado o límite de prazas do Pazo de Mariñán. É por iso que desde xa se abre o prazo para solicitalas, que se estende até o 12 de SETEMBRO. De resto, a asignación farase, alén de polo criterio xa citado, por estrita orde de chegada da solicitude a este mesmo mail. A Asociación faise cargo de todos os gastos de estancia.
A Aelg editará un número da súa revista “Escrita Contemporánea” coas Actas deste encontro. Nelas, ademais das intervencións nas mesas redondas, e co ánimo de ter unha visión máis completa do tema proposto, quérese dar oportunidade a todos os socios/as da Aelg que empezaran a publicar desde
os 90 até hoxe, de que nos envíen en forma de texto (4 páxinas de 1800 caracteres como máximo), a súa reflexión persoal de como ven situada a súa persoal traxectoria creadora dentro do sistema literario; a reflexión estenderase tamén a analizar se o concepto de xeración é válido para entender a nova produción literaria, ou se deixou de ter utilidade tendo en conta que as recentes tecnoloxías permiten desenvolver formas de creación, de difusión e colaboración inéditas; así mesmo, as achegas
poderán concluír se hai ou non os suficientes elementos novidosos na escrita dos novos/as que permitan caracterizala no seu conxunto. Así mesmo, poderase tratar calquera dos temas que suxiren os temas das mesas redondas. Estas achegas entregaranse neste mesmo mail até o 15 de OUTUBRO.
(O Consello Directivo da Aelg)
III Certame de poesía erótica Illas Sisargas
Os orixinais deben enviarse antes do 1 de outubro de 2008. Bases.
A Coruña: Baldo Ramos no Outonarte
O xoves 11 de setembro terá lugar unha charla con Baldo Ramos no contexto da mostra de artes plásticas “Outonarte“, ao público en varios lugares emblemáticos da Coruña durante o mes de setembro.
Neste encontro, que se realizará na Sala de exposicións de Palexco ás 19:30, o escritor e artista plástico Baldo Ramos falará dos seus libros de artista; do diálogo que establece dende hai anos entre a plástica e a poesía, entre as palabras e as imaxes; reflexionará sobre as coordenadas que rexen o seu traballo creativo e dará a coñecer algúns exemplares únicos dos seus libros de artista, describindo o seu proceso de creación e analizando a finalidade para a que nacen. (Concellaría de Cultura da Coruña)
A Coruña: presentado o libro A Coruña á luz das letras
Tal como anunciamos, o 26 de agosto tivo lugar a presentación desta obra colectiva patrocinada polo Concello da Coruña con motivo do 800º aniversario da cidade. Participaron nela máis de sesenta socias e socios da AELG, algúns dos cales interviron desde a mesa. Aquí presentamos o vídeo que un dos socios gravou, así como outro máis sobre o dúo que acompañou musicalmente o evento, composto por Moncho do Orzán e Ricardo Morente.
[kml_flashembed movie="http://br.youtube.com/v/Nv5-Hk_mZHM" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://br.youtube.com/v/nbx71QNFNPc" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
(Vía O levantador de minas)
(