Desde O Barbanza:
“O escritor Fran Fernández Davila resultou gañador do XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra titulada A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada pero universal, con acenos líricos ben acaídos e que reflicten o cambio de paradigma do momento que vivimos a nivel socio-político”.
O fallo fíxose público este martes 9 de decembro no salón de plenos da Casa Consistorial, nunha sesión presidida polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca. O xurado estivo formado por Carlos Arias, escritor e gañador da XI edición do certame; Beatriz Vázquez, licenciada en Filoloxía Inglesa; Esteban Folgar, profesor de Lingua e Literatura; Covadonga Rodríguez del Corral, coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Inés Mosquera, mestra de Educación Primaria. Como secretaria actuou Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón. (…)”
O Roteiro literario Os muros son coitelas, guiado por Samuel L. París, forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
Trátase dunha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración Concello de Muros.
– O roteiro presencial terá lugar o domingo 21 de decembro, a partir das 09:04 horas da mañá, en Muros.
– Hai un total de 15 prazas. A inscrición, de balde, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o seu nome. Na resposta a ese correo electrónico indicaráselles ás persoas inscritas o punto de saída.
En palabras do autor: ‘Na mañá máis desesperanzadora, no día máis curto e cando xa nada importa; a luz sempre regresa. Percorrido pola desmemoria persoal que habita espazos e poemas, nunha fuxida que nos constrúe e nos derrota. Iso si: haberá café.”
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
O Roteiro Historias da Arte: Castelao e os seus contemporáneos, guiado por Iria-Friné Rivera Vázquez, xira arredor da presenza de Castelao na Coruña en relación aos seus contemporáneos. Nado en 1886, as sucesivas influencias de persoeiros ligados a esta cidade resultan relevantes. Isto non só sucede pola importancia que estas influencias puideron ter nel como pensador, artista, político e figura pública, senón tamén na retroalimentación que sucedeu. Está a parte del como cidadán e a parte do contacto que a cidadanía ten coa sua obra escrita, artística, intelectual e política. Este roteiro a través de diferentes camiños e obras no espazo público resulta unha exploración de todos eses feitos, mostrando unha interrelación viva e activa en feitos, palabras e persoas que segue a ter repercusión hoxe en día.
Esta iniciativa da AELG, pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
A actividade conta co apoio do Concello da Coruña.
Terá lugar o domingo 21 de decembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será diante do Monumento a Eduardo Pondal, no Cantón Pequeno. A asistencia é gratuíta e non é precisa inscrición previa.