
A Coruña: presentación de Ser humanos, de Pilar Casal Valiño
Compostela: presentación de Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión
Bases do XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros
Bases do XXX do Premio de Poesía Avelina Valladares
Bases do VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
O escritor Fran Fernández Davila gaña o XXXV Premio Literario Camilo José Cela de narrativa
Desde O Barbanza:
“O escritor Fran Fernández Davila resultou gañador do XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra titulada A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada pero universal, con acenos líricos ben acaídos e que reflicten o cambio de paradigma do momento que vivimos a nivel socio-político”.
O fallo fíxose público este martes 9 de decembro no salón de plenos da Casa Consistorial, nunha sesión presidida polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca. O xurado estivo formado por Carlos Arias, escritor e gañador da XI edición do certame; Beatriz Vázquez, licenciada en Filoloxía Inglesa; Esteban Folgar, profesor de Lingua e Literatura; Covadonga Rodríguez del Corral, coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Inés Mosquera, mestra de Educación Primaria. Como secretaria actuou Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón. (…)”



















