Arquivos da etiqueta: A. C. Eira Vella
Taboleiro do libro galego (XVIII), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Derradeira entrega deste ano do Taboleiro do libro galego que recolle, segundo os datos obtidos dalgunhas librarías galegas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes decembro. O meu agradecemento, nesta ocasión, ás seguintes librarías: Biblos, Casa do Libro de Vigo, Torga, Couceiro, Andel, Aira das Letras, Pedreira, Á lus do candil, Carricanta e Libros para Soñar.”
NARRATIVA
1º-. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
2º-. Vento e chuvia. Mitoloxia da antiga Gallaecia, de Manuel Gago e Manel Cráneo, Edicións Xerais.
3º-. Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, Edicións Xerais.
4º-. A lúa da colleita, de Anxos Sumai, Editorial Galaxia.
5º-. Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello, Editorial Galaxia.
6º-. Cadeas, de Xabier López López, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure, Através.
2º-. Dos tempos sombrizos, Daniel Salgado, Xerais.
3º-. Caderno do Nilo, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xerais.
4º-. Ningún precipicio, de Olalla Cociña, Toxosoutos.
5º-. Presente continuo, de María Reimóndez, Xerais.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Historia de Galicia, Anselmo López Carreira, Edicións Xerais.
2º-. Exhortación á desobediencia, Xosé Manuel Beiras, Laiovento.
3º-. O valego, de Xosé-Henrique Costas, Edicións Xerais.
4º-. Outra idea de Galicia, de Miguel Anxo Murado, Debate.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Ámote, Leo A., Rosa Aneiros, Edicións Xerais.
2º-. Caídos do mapa 1. O comezo, de María Inés Falconi (tradución de Rafael Salgueiro), Sushi Books.
3º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
4º-. O elefante branco, de Xesús Fraga, Tambre.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Pan de millo, de Migallas, Kalandraka.
2º-. Toc Toc, de Pablo Díaz, ilustracións de Nuria Díaz, Galaxia.
3º-. A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar, ilustracións de Xosé Cobas, Biblos.
4º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
5º-. Os Bolechas fan unha banda, de Pepe Carreiro.
BANDA DESEÑADA
1º-. Astérix e os Pictos, René Goscinny (autor), Albert Uderzo (ilustrador), Jean-Yves Ferri (autor), Didier Conrad (ilustrador), Xavier Senín e Isabel Soto López (tradutores), Edicións Xerais.
2º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
3º-. Historias de Icía e avoa, de Sabela Arias, Asociación Cultural Eira Vella.
OUTROS
1º-. CoraSons, colectivo CoraSons, Kalandraka.
2º-. Cartas que veñen e van, Susa Herrera/Mamá Cabra, Primerapersona.
Betanzos: presentación do libro Historias de Icía e Avoa, de Sabela Arias
Betanzos: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
venres 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Liceo (Praza Irmáns García Naveira, s/n) de Betanzos, preséntase Cadeas, de Xabier López, Premio Xerais de Novela do 2013. O acto, coorganizado pola A. C. Eira Vella, a Libraría Carricanta e Edicións Xerais, contará coa participación de Pilar Vázquez Rodríguez, Iago Martínez, Manuel Bragado e o propio autor.
Betanzos: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A
quinta feira 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa Libraría Carricanta.
Betanzos: presentación de Meliflua Moradía, de Lino García Salgado
O
venres 26 de abril, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, preséntase Meliflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado pola Asociación Cultural Eira Vella, onde participa, xunto ao autor, Manuel López Foxo.
Actos do Día de Rosalía para o venres 22



O CEIP de Prácticas de Ourense celebrará o Día de Rosalía o 22, venres. Ao subir do recreo conectaranse todos os altofalantes das aulas, e os 678 alumnos e alumnas escoitarán un poema musicado interpretado por un mestra en prácticas, para logo o alumnado voluntario de 2º e 3º ciclos de Primaria ir polas aulas dos máis pequenos recitando e cantando poemas da nosa autora.
O CPR Cardenal Cisneros de Ourense organiza ás 12:00 unha lectura de Cantares Gallegos nas distintas linguas maternas dos alumnos do centro, aproveitando a interculturalidade do mesmo: galego, castelán, inglés, francés, wolof, portugués, rumano, árabe.
Na cidade de Lugo oito centros de ensino (IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Ánxel Fole, IES Xoán Montes, Colexio Maristas, Colexio San Xosé, CPR Fingoi e Colexio Divino Maestro) organizan un recitado no Parque de Rosalía, ás 12:00 horas, no que participan un total de 80 alumnas e alumnos en compañía de Marica Campo e Darío Xohán Cabana. O acto rematará cunha ofrenda floral.
En San Sadurniño a homenaxe desenvolverase en dúas quendas entre as 12:00 e as 14:00 horas. Nela participarán alumnos e profesores de Educación infantil e Primaria do C. P. I. San Sadurniño, que lerán a viva voz poemas de Rosalía Castro no salón de actos da casa da Cultura. No acto tamén estará a poeta María Lado, quen fará unha intervención a medio camiño entre o literario e a animación á lectura. Ademais o Concello obsequiará aos máis pequenos con libros que tratan sobre a figura e a obra de Rosalía.
En Cabana de Bergantiños, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria do CPI As Revoltas farán a súa particular interpretación do poema Fun un domingo, que será recollida nun vídeo.
Na Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda promove un maratón de leitura para nenos e nenas sobre textos de Rosalía, entre as 17:30 e as 20:00 horas, e unha charla ao remate do mesmo a cargo de Miguel Mato, quen falará da autora.
Betanzos: presentación de Cando Artur non era rei, de Xabier López
O
venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase a última obra de Xabier López, Cando Artur non era rei, publicada en Galaxia. No acto acompañan ao autor Gabriela Rodríguez, presidenta da A. C. Eira Vella, e Francisco Castro.
Betanzos: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O
sábado 15 de setembro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, en colaboración coa A. C. Eira Vella, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado nos Cadernos Q de Vian.
Betanzos: inauguración da exposición Querido Balbino, con Xosé Neira Vilas
O
martes 31 de xullo, ás 19:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, inaugúrase a exposición Querido Balbino, que conmemora o 50 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego. No acto, organizado pola A. C. Eira Vella, participará o seu autor, Xosé Neira Vilas.

