Desde
Galiciaé:
“A sede de El Progreso, en Lugo, acolleu o venres 31 de maio a entrega de premios do terceiro certame Minicontos de Outono, que organizan o Centro PEN Galicia e o semanario LV. De Luns a Venres co patrocinio da Xunta de Galicia. O acto estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.
O primeiro premio, dotado con 600 euros, foi recollido por Marcos Viturro polo seu relato Axuste de cornos. Alberto Ramos fíxose cos 300 euros do segundo posto por Liquidación total, en tanto que Pedro Naveira é o terceiro clasificado (100 euros) con De seu.
Os traballos gañadores serán publicados tanto na web de Galiciaé como no semanario LV. De Luns a Venres, que se distribúe todos os venres nas principais cidades galegas.
O xurado desta terceira edición estivo composto polo presidente do Centro PEN Galicia, Luís G. Tosar; o director de LV, Alfonso Riveiro; o xornalista e escritor Diego de Cora; o director do Centro PEN, Xabier Castro, e o xornalista Juan Méndez, que actuou como secretario.
Tras a súa deliberación, os membros do xurado salientaron a abraiante acollida do certame, no que competiron 244 orixinais chegados de toda Galicia e España e incluso de países como Arxentina, Colombia, Venezuela, Uruguai ou o Reino Unido.”
Arquivos da etiqueta: Alberto Ramos
Ourense: actividades literarias destacadas do mércores 5 na Feira do Libro
O
mércores 5 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Mércores 5
– 19:30 h. Presentación do libro premiado polo Concello de Ourense. Participan no acto Ana Garrido, concelleira de Cultura, Ramón Caride Ogando, Miguel Anxo Fernán-Vello, gañador do XXVIII premio de poesía Cidade de Ourense, coa obra Habitación do asombro e Alberto Ramos, gañador do XIII premio Risco de creación literaria coa obra Todos os días.
– 20:30 h. O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto Aktual, da colección Fóra de xogo), publicado por Xerais. Participarán Manuel Busto e o autor.
Compostela: 2º Exprés Literario-Libros a toda mecha
A Pobra do Caramiñal: presentación de Sete de Biblos
Vídeo da conversa de Alberto Ramos con Rexina Vega sobre Dark butterfly no Culturgal
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o venres 30 de novembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, comeza este venres 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu primeiro día:
Venres, 30 de novembro
– 11:30 e 12:30 h. Conversa con Marcos Calveiro. Con centros educativos. NO SALÓN.
– 17:00 h. Aurora Marco: María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana. NO SALÓN.
– 17:30 h. María López Sández: A forma das nubes, publicada en Galaxia. Premio Repsol de Narrativa Breve. NO SALÓN.
– 18:00 h. Ramón Caride: Sarou/Louzós, publicado en Xerais. A crónica de sucesos na literatura, no xornalismo e na fotografía. NO SALÓN.
– 18:30 h. Lorena López Cobas: Historia da música en Galicia. NO SALÓN.
– 19:30 h. Gustavo Pernas Cora: Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados, publicado en Laiovento. Dándolle a volta aos monólogos. NO SALÓN.
– 20:00 h. Conversa de Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega. NO SALÓN.
Actos literarios no Culturgal 2012
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, celébrase do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios:
Venres, 30 de novembro
– 12:30 h. Conversa con Marcos Calveiro.
– 17:00 h. Aurora Marco: María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana.
– 17:30 h. María López Sández: A forma das nubes.
– 18:00 h. Ramón Caride: Sarou/Louzós.
– 18:30 h. Lorena López Cobas: Historia da música en Galicia.
– 19:30 h. Gustavo Pernas Cora: Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados.
– 20:00 h. Conversa de Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega.
Sábado, 1 de decembro
– 12:30 h. Xaime Estévez: Son do Fol.
– 12:30 h. A Hora da Ilustración. Os profesionais da ilustración amosan os seus proxectos.
– 13:00 h. Pedro Feijoo: Os fillos do mar.
– 13:30 h. Félix Caballero: Humor en cadriños. Coloquio con Pepe Carreiro, Xosé Lois e Siro.
– 14:00 h. N-550. Da estrada á rúa.
– 16:30 h. Mesa redonda: O nacemento do teatro profesional en Galicia.
– 17:00 h. Instituto Camões e X Mostra Portuguesa presentan: João Tordo.
– 17:30 h. Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros.
– 18:00 h. María Lorenzo e Manuel Lorenzo Baleirón: Tonas de laranxa.
– 18:30 h. Fantasía en galego: encontro con editores, autores e lectores.
– 18:30 h. Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento.
– 20:00 h. Conversas de Xosé Manuel Pereiro con Luís Tosar, Farruco Castromán e cos autores de ciencia-ficción e fantasía Xesús Constela, Manuel Lourenzo González e Fernando M. Cimadevila.
– 20:00 h. Uxía: Andando a Terra. Poñendo música e voz aos poemas de Manuel María.
Domingo, 2 de decembro
– 12:00 h. Redelibros: novos camiños para a edición.
– 12:00 h. Cine e literatura: A Esmorga de Blanco Amor na gran pantalla.
– 12:30 h. Eloy Varela e Fina Casalderrey: Dúas letras.
– 13:00 h. Conversa de María Solar con José Domingo, Xavier Alcalá e dos lectores/as de Espazo Lectura con Agustín Fernández Paz.
– 13:00 h. Mesa redonda: O teatro para nenos e nenas en Galicia. Organizada por Escena Galega.
– 16:30 h. Camilo Franco: Dez obras na vida de Vidal Bolaño.
– 17:00 h. Francisco Pillado (coord.): Banqueiros.
– 17:30 h. A máquina do tempo. Un disco-libro ilustrado que fala da memoria.
– 17:30 h. Manuel Rivas: As voces baixas. Lectura dun fragmento.
– 18:00 h. Presentación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño e da Asociación Roberto Vidal Bolaño.
– 19:00 h. Conversa de Belén López con Manuel Lourenzo, Teresa González Costa, Teresa Moure e María Reimóndez.
Alberto Ramos: “O pesimismo contáxiase máis que a peste, haberá que superalo con rebeldía e coraxe”
Entrevista
a Alberto Ramos en Praza:
“(…) – Praza (P): Tres libros e tres premios, dá máis alegrías a literatura que o xornalismo?
– Alberto Ramos (AR): Eu téñolle un pánico atroz aos editores, non porque me caian mal, pero non teño a valentía de ir cun manuscrito a dicirlle a un editor se mo publica. Por iso prefiro presnetarme aos premios dende o anonimato e se gañas, gañas, e senón nada. O xornalismo leva moito tempo de velorios, de despedimentos, de compañeiros e compañeiras que perden o traballo a un ritmo de vertixe. Alegrías, practicamente ningunha e non ten trazas de que iso vaia mellorar. Hai quen di que vivimos demasiado ben, non sei quen viviu tan ben do xornalismo, eu dende logo non e a maioría tampouco. Sempre hai algunha excepción, algún ex director, algún tertuliano… (…)
– P: En Todos os días imos atopar eses velorios, esas escasas alegrías do oficio e o xeito en que se xestionan?
– AR: No libro está reflectida a situación dos medios de comunicación, pero ese é un pano de fondo, a escusa. Para min o destacable é a ruptura dunha rutina. Sempre din que a rutina é alienante, pero a alienación real tamén é a ausencia dunha rutina. Esa destrución é o principal no libro e iso pode entendelo un xornalista, quen saíu escaldado do téxtil, os do metal, os do naval, os funcionarios que están perdendo dereitos… Ese medo é algo moi colectivo, entendémolo todos. (…)”.
Alberto Ramos gaña o XIII Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Todos os días
“O
escritor Alberto Ramos foi elixido polo xurado do XIII Premio Vicente Risco de Creación Literaria como o gañador da nova edición deste tradicional galardón que promoven o Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco. A obra Todos os días foi escollida entre os orixinais presentados a concurso por reflectir a novela «a crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria dos nosos días e en como esta falta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal». O xurado tamén salientou da novela que na mesma «van aparecendo como elementos secundarios os ERE, o peche de medios de comunicación escritos, a rivalidade profesional, a falta de expectativas vitais e a contraposición entre a realidade laboral doutros países emerxentes economicamente e a nosa propia». O xurado do premio, que está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra, estivo composto por Adelaida Vidal, Ánxela Gracián, Serafín Alonso e Soedade do Muíño.” Desde Sotelo Blanco Edicións.
Vigo: presentación de Sete de Biblos
O
xoves 27 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno), preséntase o libro Sete de Biblos, obra que recolle cadanseu relato das cinco autoras e dous autores que gañaron as primeiras edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia: Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas, Berta Dávila, Pablo García Martínez, Elena Veiga e Iria Morgade. O acto, ao que asistirán a maioría dos autores, será presentado por Agustín Fernández Paz e Tucho Calvo.

