Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021, con Antonio Manuel Fraga, o 16 de outubro

Os Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecer unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.

– A inscrición, previa e obrigatoria, farase exclusivamente desde o luns anterior a cada paseo no correo inscricionslingua@coruna.gal indicando no asunto “Inscricións Paseos”
Número máximo de participantes por paseo: 25.
– Todos eles comezarán ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– A pesar de ser unha actividade exterior, as persoas deberán empregar máscara nos momentos nos que, para atender as explicacións, se deba permanecer de pé, e respectaranse as distancias de seguridade e o resto das medidas anti-Covid.

Os paseos son os seguintes:

Sábado 16 de outubro: Antonio Manuel Fraga. Un roteiro sensitivo cara a santoamaro. Inscricións a partir do 11 de outubro.
Destinado a persoas de 12 anos en adiante.
Un verán componse de vivencias que procesamos a través dos sentidos. Aquel verán sinalado en vermello como “o verán das nosas vidas” fórmase a través de imaxes; mais tamén de sons como os da música que escoitamos; dos distintos olores que ateigan o aire estival; do sabor da comida que, nesa época, sabe mellor; do tacto da area, do mar, das peles…

Sábado 6 de novembro: Andrea Maceiras. Un océano azul tinta: a LIX a través do mar.
Destinado a persoas de 12 anos en adiante.
O océano Atlántico é de cor azul tinta. Se cadra por iso aparece en tantas obras da nosa LIX, como paisaxe, como personaxe ou como símbolo. Este paseo pola beira do mar é a escusa perfecta para falar de libros infantís e xuvenís con recendo a salgado, de historias que suceden nas nosas costas, de rebeldía e de soños, de emocións axitadas ao compás das mareas. Unha breve panorámica da nosa LIX co mar como eixo.

Sábado 20 de novembro: Érica Esmorís. Patio de luces.
Recoméndase a familias con nenas e nenos a partir de 7 anos e público adulto.
Visitaremos dous patios de luces, un deles o que inspirou a novela Patio de luces, gañadora do premio Cidade de Málaga 2020 de Anaya. A través do xogo para espertar a imaxinación e a lectura de diversos parágrafos, poderemos coñecer os máis peculiares e famosos veciños e veciñas que viviron en diversas comunidades de veciñanza.

Sábado 27 de novembro: Imma António Souto. Irmandades teatrais.
Destinado a público a partir de 16 anos.
Un percorrido desde a necesidade da escrita dramática sinalada polas Irmandades da Fala ao cuestionamento do rol do teatro na nosa sociedade actual. Sería, con todo, un percorrido sentimental polas experiencias teatrais da dramaturga pola súa cidade natal, deténdose no propio anecdotario como actriz, dramaturga e voz necesaria para visibilizar as mulleres dentro do mundo teatral galego.

Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021

Os Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecer unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.

– A inscrición, previa e obrigatoria, farase exclusivamente desde o luns anterior a cada paseo no correo inscricionslingua@coruna.gal indicando no asunto “Inscricións Paseos”
– Número máximo de participantes por paseo: 25.
– Todos eles comezarán ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– A pesar de ser unha actividade exterior, as persoas deberán empregar máscara nos momentos nos que, para atender as explicacións, se deba permanecer de pé, e respectaranse as distancias de seguridade e o resto das medidas anti-Covid.

Os paseos son seguintes:

Sábado 16 de outubroAntonio Manuel Fraga. Un roteiro sensitivo cara a santoamaroInscricións a partir do 11 de outubro.
Destinado a persoas de 12 anos en adiante.
Un verán componse de vivencias que procesamos a través dos sentidos. Aquel verán sinalado en vermello como “o verán das nosas vidas” fórmase a través de imaxes; mais tamén de sons como os da música que escoitamos; dos distintos olores que ateigan o aire estival; do sabor da comida que, nesa época, sabe mellor; do tacto da area, do mar, das peles…

Sábado 6 de novembroAndrea Maceiras. Un océano azul tinta: a LIX a través do mar.
Destinado a persoas de 12 anos en adiante.
O océano Atlántico é de cor azul tinta. Se cadra por iso aparece en tantas obras da nosa LIX, como paisaxe, como personaxe ou como símbolo. Este paseo pola beira do mar é a escusa perfecta para falar de libros infantís e xuvenís con recendo a salgado, de historias que suceden nas nosas costas, de rebeldía e de soños, de emocións axitadas ao compás das mareas. Unha breve panorámica da nosa LIX co mar como eixo.

Sábado 20 de novembroÉrica Esmorís. Patio de luces.
Recoméndase a familias con nenas e nenos a partir de 7 anos e público adulto.
Visitaremos dous patios de luces, un deles o que inspirou a novela Patio de luces, gañadora do premio Cidade de Málaga 2020 de Anaya. A través do xogo para espertar a imaxinación e a lectura de diversos parágrafos, poderemos coñecer os máis peculiares e famosos veciños e veciñas que viviron en diversas comunidades de veciñanza.

Sábado 27 de novembroImma António Souto. Irmandades teatrais.
Destinado a público a partir de 16 anos.
Un percorrido desde a necesidade da escrita dramática sinalada polas Irmandades da Fala ao cuestionamento do rol do teatro na nosa sociedade actual. Sería, con todo, un percorrido sentimental polas experiencias teatrais da dramaturga pola súa cidade natal, deténdose no propio anecdotario como actriz, dramaturga e voz necesaria para visibilizar as mulleres dentro do mundo teatral galego.

Compostela: SELIC 2021. Festival da Lectura

Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 3 de agosto

O 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Contacontos e sinatura de As formiguiñas fiandeiras, de Victoria García e Laura Cortés, publicado por Hércules.
18:30 h. Presentación conxunta de E continuaremos a contar, de Paula Carballeira, e Guitarra Galega, de Isabel Rei Samartim, publicados por Através. Con Tiago Alves Costa.
19:30 h. Presentación cruzada de Os corpos invisibles, de Emma Pedreira e santoamaro, de Antonio M. Fraga, publicados por Xerais.
19:30 h. Paula Carballeira e Isabel Rei Samartim asinan exemplares das súas obras.
19:30 h. Pilar García Rego asina Humanario, publicado por Galaxia.
20:30 h. Sinatura de obras de Antonio M. Fraga e Emma Pedreira.
20:30 h. Presentación de Un ano no carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel, de Sonia María García, acompañada por Pablo Quintana, da Editorial Canela.

A escritora Andrea Maceiras gaña o XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

Desde a Deputación da Coruña:
“O xurado do XV Premio Raíña Lupa da área de Cultura da Deputación da Coruña decidiu conceder o galardón á obra Que se me pare o corazón se te esquezo, da escritora Andrea Maceiras. O xurado valorou, entre outras cousas, o tratamento literario dun tema tan actual como as redes sociais.
Un xurado composto polo escritor Antonio Manuel Fraga, o divulgador científico a través das contas “Moléculas en galego” e “Balea Vermella”, Francisco Javier Brea Balea, a libreira Luz Gallego, a escritora, actriz e contacontos Soledad Felloza, ademais do escritor Xosé Antón Neira Cruz, gañador da edición anterior, escolleu a obra de Andrea Maceiras entre as 43 presentadas a esta edición do certame de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña. O xurado estivo presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto coa xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria e a xestora cultural, Helena Torres como comisaria do certame.
Segundo explica o xurado, a obra Que se me pare o corazón se te esquezo, presentada baixo o lema “Plenilunio” aborda “un tema de plena actualidade como é o uso das RRSS, especialmente dos vídeo-blogs, mais tratado dun xeito non moralizante”. A obra, como engaden, “expón situacións duras sempre fuxindo da forma panfletaria”.
Outro dos valores que destacan da novela de Andrea Maceiras é que a acción atrapa o lectorado desde a primeira secuencia e agarra ata o final cunha historia en que son de especial interese as distintas relacións expostas e os afectos vividos polas personaxes.
Ademais, destacan que presenta un bo manexo da linguaxe, que conecta co xeito de sentir e vivir de adolescentes cunha gama diversa de personaxes que facilita a identificación cos mesmos.
Considera tamén o xurado que se trata dunha obra que é necesario incorporar ao sistema literario, que normaliza o uso da lingua galega nas redes. (…)”

Antonio M. Fraga: “Decidir que queres ser na vida é moita presión”

Entrevista a Antonio Manuel Fraga en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): Cal foi a inspiración para este libro [santoamaro]?
– Antonio Manuel Fraga (AMF): No próximo, no que está preto de min. A praia que serve de escenario único a esta historia está a dez minutos da miña casa. E os personaxes que transitan polo libro están moi próximos á rapazada coa que traballo a diario, aínda que tamén teñen moito de min. Como Voldemort cos horrocruxes, deixei un anaquiño da miña alma en cada un deles.
– FV: Ten moitas referencias musicais…
– AMF: A música serviume de ponte interxeracional para me achegar aos rapaces e rapazas que protagonizan a novela. A min gústame moito a música, está moi presente no meu día a día. A medida que escribía a novela fun creando unha lista de reprodución cos temas que ían aparecendo na historia. Esa foi a banda sonora do meu proceso de escrita.
– FV: O libro ten un estilo lingüístico moi propio ou próximo á rapazada, foi difícil?
– AMF: Non sabería dicir se foi difícil. Tratei de ser moi rigoroso con este tema, iso si. Quería que os diálogos fosen o máis realistas posibles e, para iso, os personaxes tiñan que falar coma os mozos e as mozas desa idade. Con todo, non quería pasarme de freada e caer na parodia, así que tratei de abrir ben as orellas e escoitar como falan, que palabras e expresións son as que máis empregan. Iso axudoume tamén a definir os distintos caracteres, pois cada un, cada unha, fala dun xeito distinto porque, malia pertenceren á mesma cuadrilla, teñen tamén personalidades e intereses moi diferentes. Foi un proceso bonito.
– FV: Que pretendía conseguir con esta aproximación?
– AMF: Quería que cando alguén lea o libro lle resulte imposible pensar que David, Begoña, Marta ou Fer non existen, que son só personaxes de ficción. E tamén que cando unha rapaza de Redondela ou un rapaz de Rábade se meta na historia de santoamaro pense: “Vaia! Esta persoa lémbrame moito á miña amiga, ou ao meu compañeiro, ou ao meu namorado”. En resume, quería darlle vida propia aos personaxes.
– FV: O libro conta temas moi actuais nesas idades pero tamén comúns noutras xeracións. Que similitudes percibe con respecto á súa adolescencia-mocidade?
– AMF: Creo que a incerteza ante o futuro é común a todas as xeracións cando se achegan a esta idade, na que soportas unha presión enorme para que decidas quen vas ser na vida adulta. Eu trato decote con pais e nais que reciben os pequenos fracasos ou indefinicións dos fillos e fillas como unha traxedia. Sempre trato de lles subliñar que un ano non é nada na vida dunha persoa, e que, ás veces, necesítase tempo para decidir o camiño que se quere percorrer. (…)”