Arquivos da etiqueta: Carlos Callón
Taboleiro do libro galego (maio 2017)
Desde Cicloxénese Expresiva:
“Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos de maio. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e na nosa propia páxina.
Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Couceiro, Lila de Lilith, Chan da Pólvora e Trama.
Narrativa
- Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández. Editorial Galaxia.
- Ilustrísima, de Carlos Casares. Editorial Galaxia.
- Once portas, de Héctor Cajaraville. Editorial Xerais.
- Vento ferido, de Carlos Casares. Galaxia.
- Verán sen homes, de Siri Hustvet. Editorial Hugin e Munin.
- A morte do meu pai, de Afonso Eiré. Hércules Ediciones S.A.
Poesía
- Na casa da avoa, de Marta Dacosta. Galaxia.
- Camuflaxe, de Lupe Gómez. Chan da Pólvora Edicións.
- A cadencia da fractura, de Isaac Xubín. Editorial Xerais.
- A Relixión do mar, de Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns.
Ensaio
- Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama. Editorial Galaxia.
- Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. Editorial Xerais.
- Non des a esquecemento, de Luís Bará. Instituto de Estudos Miñoráns.
Xuvenil
- Corredora, de María Reimóndez. Editorial Xerais.
- A soidade das medusas, de Iria Collazo. Editorial Galaxia.
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas. Xerais.
Infantil
- A Galiña Azul, de Carlos Casares. Editorial Galaxia.
- O principiño, de Antoine Saint-Exúpery. Editorial Galaxia.
- Un ronsel de ardora, de Carlos Roberto Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias. Lela Edicións.
Libro CD-DVD
- Mel, unha mosca agradecida, de Miguel Ángel Alonso. Nova Galicia Edicións.
- Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas. Editorial Galaxia.
Banda deseñada
- Bichero VI: TI SACHA!!!, de Luís Davila. Autoedición.
- Floreano. Alúganse borrachos para festas, de Gogue. Editorial Xerais.
- Historias Floreánicas, de Gogue. TodoGrove Edicións.
Revistas
- Luzes.
- Tempos Novos.”
Marín: charla-coloquio sobre Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón
Compostela: presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón e debate posterior sobre a lingua galega
O
martes 16 de maio, ás 20:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, preśentase Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón, publicado por Xerais. Posteriormente haberá un debate sobre “Actualidade e porvir da lingua galega”.
Ferrol: presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón
A Coruña: presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do martes 2 e mércores 3
O
martes 2 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o martes 2 e mércores 3 de maio:
Martes 2
– 19:30 h. Presentación de Once portas, de Héctor Cajaraville, publicado por Xerais.
– 20:30 h. Presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón, publicado por Xerais.
Mércores 3
– 19:30 h. Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais.
– 19:30 h. Presentación de O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez, publicado por Galaxia. No acto participan, xunto á autora, Francisco Castro e David Vázquez, director do documental Asolagados.
Crónicas sobre a presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón
Entrevista a Carlos Callón en Praza, arredor de Galegocalantes e galegofalantes
Entrevista
de Miguel Pardo a Carlos Callón en Praza:
“(…) – Praza (P): Reclama reavivar o debate social sobre o galego. Arrefriouse?
– Carlos Callón (CC): Xa no comezo do mandato de Núñez Feijóo advertiamos que, logo da política agresiva, a Xunta pasaría a unha política de consolidación dos retrocesos, unha especie de pax lingüística coa que se pretende manter as prácticas lesivas, con mormativas sen parangón no Estado ou en Europa, e ao mesmo tempo neutralizar a contestación social. Por iso, ante isto, é moi importante que todas aquelas persoas que sintan paixón polo galego participemos nas diferentes iniciativas que se realizan para reivindicalo e impulsalo. (…)
– P: No libro [Galegocalantes e galegofalantes] fala mesmo de certas expresións nos medios moi polémicas.
– CC: Poño exemplos de titulares nos que se especifica e detalla que dous ladróns que actuaron en Galicia “hablaban gallego”. Fago un chamamento a que os medios non publiquen este tipo de frases, que se autorregulen, pero tamén debe acelo a fonte. A policía continúa a enviar comunicados con estas expresións, fomentando visións galegófobas e iso non é tolerable.
– P: O Consello de Europa critica con dureza a política lingüística da Xunta, os datos amosan un descenso no uso do galego… Hai algunha solución de non mudar os gobernos da Xunta e do Estado?
– CC: Non hai dúbidas de que é algo clave; o Goberno central e o galego son instituciós fundamentais que non empregan nin fomentan o galego como idioma oficial e ese é o principal problema que temos. Pero tamén é certo que podemos manter o facho da esperanza a través do uso. Non hai maior defensa da nosa lingua que usala. Se fosemos mirar a nivel matemático as posibilidades de uso, o mérito do galego é que aínda estea vivo. Non se estrean filmes en galego, non queda un só xornal en papel diario en galego, na USC hai carreiras onde o idioma só se usa nun 3% das aulas… E así e todo, segue vivo. Pero tamén quero subliñar a responsabilidade daquelas administracións onde non goberna o PP e non se fai o suficiente. (…)”
Entrevista a Carlos Callón sobre Galegocalantes e galegofalantes
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Carlos Callón presenta o libro Galegocalantes e galegofalantes que edita Xerais. Pode accederse á entrevista aquí.”





