Escola de Narración Oral da AELG, en Lugo

Destacado

A Escola de Narración Oral da AELG é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Lugo.

– Terá 4 sesións de 2 horas cada unha, a cargo de Carmen Conde, Larraitz Urruzola e Avelino González.

– Hai un total de 20 prazas por sesión para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

– O obradoiro desenvolverase no Centro Cultural O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002), en Lugo durante o mes de decembro de 2025, co seguinte calendario:

– Mércores 10 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde.

– Venres 12 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde.

– Mércores 17 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Larraitz Urruzola.

– Xoves 18 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Avelino González.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo

Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O libro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez– destacou que se trata dunha “obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.”

Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2024 en Lugo

Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2024, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. O acto consistiu na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Ampliado até o 31 de xaneiro de 2024 o prazo para a presentación de orixinais na XXVI edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Ampliado até o 31 de xaneiro de 2024 o prazo para a presentación de orixinais na XXVI edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole.