Arquivos da etiqueta: Diego Rodríguez González
Compostela: Xornada técnica “O patrimonio cultural dixital en Galicia”
A Coruña: palestra “Grafos escritos de Rosalía”, por Diego Rodríguez González
Vídeo da presentación do número 2 da revista Follas Novas, Revista de Estudos Rosalianos
A Coruña: presentación do número 2 da revista de estudos rosalianos Follas Novas
A cuarta feira 6 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o número 2 da revista de estudos rosalianos Follas Novas. No acto participan Anxo Angueira, Xosé Luís Axeitos, Pilar García Negro e Diego Rodríguez González.
Quiosco: Follas Novas, número 1
Desde Cultura Galega:
“Xosé Luís Axeitos é o director de Follas novas, a nova revista de estudos da Fundación Rosalía de Castro. O novo número achega unha visión crítica da obra en prosa de Rosalía a cargo de especialistas como Carmen Fernández-Pérez Sanjulián, Kathleen N. March, María López Sández, Francisco Rodríguez Sánchez e María Pilar García Negro. Na sección «Documentos» María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda exhuma unha carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía e outra deste último á propia Rosalía é analizada por Diego Rodríguez González. Outras seccións como «Recensións», «Bibliografía», «Varia» e «Casa de Rosalía» completan os seus contidos.”
Vigo: presentación de Manuel Antonio. Obra completa II, Poesía
O xoves 18 de setembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Manuel Antonio. Obra completa, volume II: Poesía, publicado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto participan Xosé Luís Axeitos, editor literario desta obra, xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín e Diego Rodríguez González.