O
venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil de Arteixo (Rúa Historiador Vedía, 3), preséntase a segunda edición de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Edicións Embora. Ao finalizar o acto, o autor asinará exemplares do libro ás persoas que o desexaren.
Arquivos da etiqueta: Edicións Embora
A Pobra do Caramiñal: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O
xoves 11 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo Pobrense da Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27), preséntase Salseiros, de Suso Lista, publicado en Embora Edicións.
Carlos Labraña leva o VIII Premio Estornela de Teatro para nenos
Desde
Cultura Galega:
“A pequena compaña é o título da obra coa que Carlos Labraña Barredo obtivo o VIII premio Estornela de Teatro para nenos. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez, destacou a “perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo” así como a mestura de tradición galega e mitoloxía clásica da obra. O galardón que convoca de xeito bienal a Fundación Neira Vilas está dotado con 600 euros en metálico e mais a publicación da obra. Canda a este traballo, entre os 18 presentados, o xurado concedeu tamén mencións de honra ás obras As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro Martínez, e mais a As aventuras de Odiseo, de Xosé Luna Sanmartín.”
Compostela: presentación de Raros e curiosos, de Carlos López
Lugo: Suso Lista será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL
O
xoves 13 de novembro a partir das 20:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa), Suso Lista será o escritor protagonista da Cata Literaria, que presentará o seu libro Salseiros, publicado por Embora. Máis información, tamén sobre como adquirir as entradas, aquí.
Narón: presentación de Salseiros, de Suso Lista
A Coruña: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O
venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), preséntase a segunda edición de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Edicións Embora. No acto, xunto ao autor, participan Gustavo Pernas e Miguel Toval.
Raros e curiosos, de Carlos López
Entrevista
a Carlos López en Fervenzas Literarias:
“(…) – Fervenzas Literarias (FL): Con unha vizosa produción literaria centrada no público infantil e xuvenil, agasalla agora aos seus lectores cun libro tan sorprendente e máxico como o seu título: Raros e curiosos. Que lle motivou a afastarse desa liña de traballo infantoxuvenil e escribir este libro centrado nun público de máis idade?
– Carlos López (CL): Si, parece que me especialicei na escrita de literatura infantil, que por outra banda é un campo que me deu moitas satisfaccións e no que seguirei traballando no futuro. O que acontece é que dende hai xa un tempo eu viña escribindo varios dos relatos que aparecen en Raros e curiosos. Algúns deles publicáronse en diferentes medios e incluso tiven a fortuna de que se premiaron. Agora decidín xuntalos todos nun só volume, engadindo aos que tiña relatos novos.
– FL: Transmútase en Raros e curiosos en cronista e altofalante de todos eses personaxes singulares e estrambóticos que deambulan polo libro. Poderíamos afirmar que se trata doutro xeito de facer xornalismo ao realizado a diario na súa tira de Pinto & Chinto no xornal La Voz de Galicia?
– CL: Máis que relatos, o que aparecen en Raros e curiosos son retratos: retratos ao minuto. Un dos cualificativos que gusto de lles aplicar é o de crónica ficticia. Moitas pasaxes do libro teñen un corte claramente xornalístico, como se realmente aconteceran e eu fose cronista deses feitos. (…)”
Vigo: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O
venres 3 de outubro, ás 19:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Salseiros, de Suso Lista, publicado en Edicións Embora. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Constela e Miguel Toval.


