O luns 31 de decembro, a partir das 12:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, Francisco X. Fernández Naval asinará exemplares da súa novela A noite branca, publicada en Xerais.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
O Temple, Cambre: presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega
O venres 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2) do Temple, Cambre, A Coruña, preséntase Dark butterfly, de Rexina Vega, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Begoña Paz e Dores Tembrás.
Redelibros: Os máis destacados de 2012
Desde Redelibros:
“Un ano máis, tras votación popular, toca facer a solemne proclamación dos que son, para todos vos, os máis destacados deste 2012. Grazas a tod@s por participar e parabéns aos seleccionados, de seguro teñen méritos dabondo!
– Editorial galega: Contos Estraños Editora.
– Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
– Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
– Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
– Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
– Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
– Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
– Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
– Ilustrador: Iván Valladares.
– Tradutor: Tomás González Ahola.
– Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
– Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
– Libraría: Cartabón (Vigo).
– Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
– Crítico máis destacado: Armando Requeixo.”
Arteixo: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O venres 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Á lus do Candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Modesto Fraga.
Monforte: lectura colectiva de Do G ao Z, de Manuel Veiga
O venres 28 de decembro, a partir das 20:30 horas, na Librería Agrasar (Rúa Cardenal, 38) de Monforte de Lemos, terá lugar a lectura colectiva do libro Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico de Manuel Veiga, publicado en Xerais.
Maceda: presentación de Sarou/Louzós, de Ramón Caride
O xoves 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler (Praza Maior) de Maceda, preséntase Sarou/Louzós, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto, onde participan, xunto ao autor, Alejandro Vázquez, Avelina Losada e Francisco Prol, estrearase o booktráiler do libro, realizado por David M. Fidalgo.
Santiago: María Reimóndez asina exemplares de En vías de extinción
O xoves 27 de decembro, a partir das 18:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, María Reimóndez asinará exemplares de En vías de extinción, publicado en Xerais.
María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón: “A defensa da lingua é un dos puntos centrais do noso libro”
Desde Xerais:
“La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Uxía López a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, gañadores do Premio Xerais de Novela 2012 sobre Tonas de laranxa.
(…) – La Voz de Galicia: Tonas de laranxa arranca dun conto escrito por María anos atrás. ¿Como chega a converterse nunha historia que convence por unanimidade ao xurado do Xerais?
– María Lorenzo Miguéns: Pasaron moitas cousas no camiño. A partir do conto que escribín hai case cinco anos, houbo moitas tardes de traballo, moitas horas, cambios e retoques de aquí de alá.
– Manuel Lorenzo Baleirón: Fraguouse no verán pasado, a partir dese conto inicial no que eu vin cousas fermosísimas, e sobre o que lle insistín a María para que o continuara. Como non se daba posto, sentámonos os dous e démoslle forma pero o fundamental é a base, o fío condutor de María. (…)”.
A Coruña: Manuel Rivas asina exemplares de As voces baixas
O venres 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas, publicada en Xerais.
O sábado 22 de decembro, ás 19:30 horas, estará na Librería Nova Colón (Rúa Olmos, 9) da mesma cidade, tamén asinando exemplares desta súa nova obra.
Vigo: coloquio sobre En vías de extinción, de María Reimóndez
O xoves 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro (Rúa Girona, 16) de Vigo, terá lugar un coloquio coas lectoras e lectores do libro En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado en Xerais. A propia autora, acompañada por Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira, da Asociación Nós Mesmas, compartirá coas lectoras/es as súas impresións sobre a novela e asinará exemplares.