Desde o blog do Premio Martín Sarmiento:
“Na Festa da Lingua celebrada o 17 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, fixéronse públicos os/as gañadores/as da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, nas seguintes categorías:
– 4ª categoría: 1º e 2º de ESO: Ledicia Costas e Pere Tobaruela, por Mortos de ningures, publicado en Everest.
– 5ª categoría: de 3º a 4º de ESO e Bacharelato: Xosé Henrique Rivadulla Corcón, por O noso amor será eterno, publicada por Xerais.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Carballo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 19 de abril, ás 20:30 horas, no Casino de Carballo (Rúa Vázquez de Parga, 1), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e o Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración da Libraría Brañas, participan, xunto ao autor, Xan Fernández Carrera, Xosé Manuel Varela e Manuel Bragado.
Redondela: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Taboleiro do libro galego (VII), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
4º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
5º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
POESÍA
1º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
3º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
4º-. Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Edicións Xerais.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
2º-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
3º-. Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.
LECER
1º-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.
Canido, Ferrol: presentación de Tastarabás, de Antón Cortizas
O
mércores 17 de abril, ás 18:00 horas, no IES Canido (Rúa Navegantes, s/n), de Ferrol, preséntase Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Carmen Cuesta, Paco Veiga e Manuel Bragado.
Redondela: actos destacados na Festa das Palabras
Esta é a crónica da última das actividades levadas a cabo, desde o espazo na rede das Bibliotecas de Redondela.
Poetízate: a intervención poética de Fran Alonso, en Trafegando Ronseis
Un día das Letras anovado?
Reportaxe
en Praza:
“(…) “Que facemos coas letras galegas?”, “Cómpre anovar a súa celebración?”, “Debe ser un día non laborable?”. As Xornadas organizadas pola Liga Estudantil Galega dedicaron unha das súas mesas de debate a dialogar ao redor destas cuestións, coa participación de María do Cebreiro, de Manuel Bragado e de O Leo.
Un dos temas sobre o que debateron os relatores foi o da escolla do autor ou autora homenaxeada cada ano, por exemplo sobre a obriga de que teñan que pasar dez anos dende a súa morte para que así se produza. María do Cebreiro quixo trazar novas liñas neste debate, lembrando que “non todos os mortos están mortos”, pois en moitos casos a súa actualidade é máxima a través da importancia da súa obra ou doutros factores. A profesora chamou a “facer un pacto” pois “ao igual que se fai un investimento na protección do patrimonio material, hai que reflexionar que capital cultural queremos conservar e cal non”. Neste “pacto social” o canon debe ser cuestionado e reconstruído “cun papel fundamental da escola na súa transmisión” e sendo conscientes de que “ás veces fálase contra o canon e contra a institución poñendo en valor outros criterios máis comerciais”. Para Leo, profesor e músico, “o problema é o ritual, eu non son fetichista. Es punki e vas visitar o papa e deixas de ser punki. O problema en Galicia esta no esencialismo, hai que dialogar co pasado porque somos os vivos os que podemos falar co pasado. As Letras son a festa dunha persoa viva porque está viva a súa obra”.
Manuel Bragado, director de Xerais, comezou a súa intervención salientando o “éxito” que constitúe o feito de levar 50 anos seguidos celebrando as Letras, para a seguir recoñecer que se fracasou no obxectivo de “contaxiar a sociedade dese entusiasmo”, como si se conseguiu, dixo, en Catalunya coa celebración do Sant Jordi. E concluíu: “debemos conservar o obxectivo de potenciar libro e a cultura galega. Pero podemos anovar todo o demais”. Entre outras cousas chamou a aproveitar a oportunidade que supón que o 17 de maio sexa tamén en todo o mundo o Día de internet. (…)”
Lugo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 12 de abril, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Primitivo Iglesias Sierra e Manuel Bragado.
Pontedeume: presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas
O
xoves 11 de abril, ás 20:00 horas, no Local de Maiores de Pontedeume, terá lugar a presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas, publicado por Xerais, nun acto organizado polo Ateneo Eumés e a editora.
